Skip to Content

Operación Quilo de Nadal 2023

Como anos anteriores, invitámosvos a participar na Operación Quilo de Nadal 2023, campaña de recollida de alimentos destinada a colaborar coa Cociña Económica de Ferrol e con Cáritas Parroquial de San Sadurniño, que levaremos a cabo entre os días 4 ao 16 de decembro. Consiste en colaborar traendo un quilo de comida ou mais para axudar á xente que máis o necesita. Para non xuntarnos cos mesmos produtos repartimos por cursos o que poden traer, e sería do seguinte xeito:

- Infantil: Pasta, pan raiado, fariña.

- 1º e 2º Primaria: Cacao, café soluble, leite, azucre.

- 3º e 4º Primaria: Galletas, cereais, pan raiado, produtos de hixiene.

- 5º e 6º Primaria: Leite, aceite, fariña, produtos de hixiene para bebés.

- 1º e 2º ESO: Vinagre, aceite, leite, cereais.

- 3º ESO: Leite, pan raiado, conservas, produtos de hixiene .

- 4º ESO: Produtos de hixiene, vinagre, aceite, legumes.

- Profes: Aceite, vinagre, viño branco para cociñar, produtos de hixiene para bebés.

Os produtos depositaránse na entrada dos edificios de Primaria e de Secundaria.

Pedímosvos desde aquí a vosa contribución, estamos ante a ocasión de axudar a persoas que teñen dificultades para comer cada día.

“Cun pequeno xesto de cada un, podemos cambiar a difícil realidade doutros”



story | by Dr. Radut