Skip to Content

Minimundos Solidarios

Hoxe 10 de Decembro, coincidindo co Día dos Dereitos Humanos, queremos compartir con vós o noso proxecto solidario deste curso. Como ben sabedes, estamos colaborando coa ONG Causas Comúns e o seu proxecto “Utopía”. Este proxecto desenvólvese fundamentalmente en Guinea Bissau, un dos países máis empobrecidos e esquecidos do mundo. Mesturando a nosa liña de traballo “os contos” coa fotografía, recreamos uns minimundos que fotografamos e poñemos á venda. Cada alumno levará unhas copias para a casa para vender entre amigos e familiares. Non hai ningún prezo fixado, cada un pode axudar da forma que considere. Non é necesario tampouco que vendan todas as fotos que levan para a casa.

Xunto coas fotos, os nenos deberán cubrir un rexistro co número de exemplares vendidos e os cartos recadados. A data límite para traer os cartos será o venres 12 de xaneiro. Ademais, tamén poderedes mercar os nosos minimundos no Café D-Zine e en Librería Brétema.

Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración!

 



story | by Dr. Radut