O noso Eusebio

VELORIO NA BIBLIOTECA

 
 
 
 
 
 
 
 
 

O 22 de xuño na Biblioteca do Eusebio asistimos a un paradóxico evento: "oficiamos", simultaneamente, un enterro e un bautizo. Dous por un!
Así, celebramos o nacemento do "Club de Lectura para Xente Adulta" (temos que lle pensar un nome bonito, así e todo) e inaugurámolo coa obra "Diario dun enterro" do rianxeiro Gonzalo Hermo. E fixémoslle un velorio ao morto ao xeito tradicional, no "salón" da nosa casa; e publicámoslle a esquela en castelán, como xente fina que somos; e petiscamos lambonadas varias en homenaxe ao defunto... Pero sobre todo, compartimos  identificación nas vivencias e sensacións do protagonista, que bate de fronte no tanatorio cunha realidade familiar e veciñal que deixara e, en boa medida, da que fuxira tempo atrás. Un protagonista que asiste ao estrañamento de se sentir na casa e ao mesmo tempo moi lonxe dela. Reflexionamos tamén sobre o absurdo de moitas das convencións sociais, especialmente as que teñen que ver cos funerais; falamos sobre a precariedade da vida da xente nova preparada (de feito queda en suspenso o futuro laboral do protagonista)... E compartimos, con moito sentido do humor, as nosas propias experiencias de "velorio e tanatorio" (algunha delas daba para unha boa novela!)
En definitiva, celebramos a vida. Tal e como di o Gonzalo Hermo poeta:
 
"É sempre a mesma historia: dar conta do que somos
mentres estamos cambiando.
Pero o noso corazón borrará a nosa culpa.
Que a vida nos sorprenda

no seu despregar

GALERÍA DE FOTOS

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 21-22

 
 
 
 
 
Onte, día 21 de xuño, celebramos a Xornada de Portas Abertas...por fin!!!. Despois de dous cursos sen poder expoñer os nosos proxectos e recibira no centro á comunidade educativa, este final de curso dounos a satisfacción de poder repetir esta experiencia na que cada calse presenta os seus proxectos relacionados coa temática escollida ao inicio de curso ( este ano sobre o corpo humano) e fai unha explicación ao público asistente.
 
En 1º e 3º de primaria trataron o tema dos órganos internos e o esquelete e algún recetario con suxestións ben apetecibles...
 
 

O alumnado de 2.º de EP centrou o seu proxecto na saúde bucodental e, entre outros moitos traballos,  realizou unha maqueta do interior da boca e un experimento con ósos, ovo e vinagre do que podedes ver, no enlace, unha mostra . Os resultados permitíronlle comprender mellor a causa da caries dental e a maneira de evitala.

 VÍDEO 2º PRIMARIA

En 4º de primaria centráronse máis no tema da alimentación saudable.

En 6º presentaron maquetas das células animais e vexetais e aparellos do corpo humano.

O alumnado de 1º de ESO presentou as súas maquetas de ciencias naturais.

En 2º, 3º e 4º de ESO tamén expuxeron as maquetas de Tecnoloxía e montaron as cúpulas de Leonardo.



 VÍDEOS TECNOLOXÍA 2º ESO

O alumnado de primaria elaborou instrumentos musicais feitos con material de refugallo e tamén traballos "bilingual" por parte da mestra de inglés.

       


 

Houbo tamén concursos de "Rosco das Partes do Corpo", xogo interactivo con preguntas sobre a temática do proxecto anual, stand de  tatuaxes realizados polo alumnado de 4º de ESO, sesións de photocall do cal tedes mais info no noso Facebook.....

 

ENLACE AO VÍDEO DO PHOTOCALL

 

Tamén contamos con recomendacións e empréstito de libros da biblio para o verán.

 

 
Houbo moitos proxectos expostos e tamén concertos e actuación do noso grupiño de primaria Airiños de Baleirón.
 
 

GALERÍA DE FOTOS

 

 

 

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

Parece que o Club de Lectura de Adultos  está a dar os seus froitos. Varias familias xa se animaron coa primeira obra e as opinións son moi favorables.

Esperamos ir animando a máis familias!!!.

Máis información no noso Facebook.

 

RECUNCHO DE ACOUGO E CANTO

 

Este curso, o alumnado de 3º e 4º de ESO, adicou parte do seu tempo a acondicionar unha zona exterior onde imos situar o noso "recuncho de acougo e canto"  de xeito que teremos un lugar para o repouso e para facer actividades no exterior e lembraremos ao mesmo tempo ao poeta que dá nome ao noso centro.

Ata o de agora fixemos os carteis que marcarán o lugar onde teremos o recuncho e, unha vez rematados e colocados estes carteis, procederemos a acondicionar a zona de acougo cuns bancos feitos con troncos de árbores que a Comunidade de Montes Cruz de Avelán aportou xenerosamente e a quen lle agradecemos a súa colaboración.

 

Tamén foron colocados, coa colaboración de persoal do concello, unha mesa e un banco, este último cedido ao centro polo propio concello, a quen agradecemos a súa colaboración. Este espazo será utilizado para múltiples actividades dende merendas ata actividades académicas desenvolvidas á sombra das árbores.

 

GALERÍA DE FOTOS

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Celebramos o Día das Nosas Letras con recitado de poemas de Florencio Delgado, música e baile. Alumnos e alumnas do centro ensaiairon os diferentes pasos para despois ilustrarnos e guiarnos a tod@s o día da celebración. Outro grupo de alumnado ensaiou as cancións para tocar. Foi  o noso "Airiños de Baleirón". A tod@s eles e elas moitas grazas polo esforzo realizado e polo gran traballo que fixeron!!!.

Momento do ensaio

GALERÍA DE FOTOS ENSAIO

A celebración foi un éxito e, o mellor de todo, divertida, moi divertida!!. Na galería de fotos e vídeos poderedes ver canto desfrutamos.

 

ENLACE Á GALERÍA DE FOTOS

ENLACE AOS VÍDEOS

 Tamén tedes máis info e podedes ver  vídeos do recitado no noso Facebook:

ENLACE AO NOSO FACEBOOK

2º POSTO NO CLUB DE DEBATE 21-22

Un ano máis o noso alumnado de 3º e 4º de ESO acada éxitos no Club de Debate!!!!. Traballazo fantástico do alumnado e das profes implicadas que rematou co 2º Premio na final do club de Debate que se celebrou o venres día 6 de Maio en Pontevedra. PARABÉNS !!!. Estamos moi orgullos@s de tod@s vós!!!

Enlace  a O NOSO EUSEBIO

DÍA DE ROSALÍA

 

 

 

Celebramos o Día de Rosalía creando un fermoso vídeo que nos fala da sombra de Rosalía...que non é negra, non, non o é.

 

ENLACE AO VÍDEO

ENLACE AO FACEBOOK O NOSO EUSEBIO

Tamén os pequechos de 1º homenaxearon á nosa poeta cun marabilloso mural:

ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN

O 25 de xaneiro de 2022 o noso poeta dodrense cumpliría 60 anos. A páxina de O Noso Eusebio recolle o traballo do equipo de Dianmización Lingüística sobre esta sinalada data...

O NOSO EUSEBIO

NOVA EDICIÓN DO CLUB DE DEBATE

 

 

Iniciamos, co alumnado de 3º e 4º de ESO, unha nova edición do Club de Debate. Con moitas ganas e un equipo fantástico.

Hoxe inauguramos esta andadura cunha intensa sesión de formación. Intensa pero moi interesante e instrutiva...

 

Coma sempre, o equipo de Dinamización Lingüística do centro fai a súa publicación no Facebook:

ENLACE A O NOSO EUSEBIO

25 N

O noso centro súmase aos actos contra a violencia contra as mulleres coa elaboración dunha figura e a utilización de fragmentos dun poema de Eusebio Lorenzo Baleirón que expresa o sentir da nosa comunidade educativa fronte aos aínda non erradicados comportamentos de maltrato contra as mulleres.

Eu serei nesta hora

esa Ariadna que voa.

[...]

O meu ser ten a forma do meu

pensamento

e desexo envellecer aquí

e non dar co final do novelo.

Esta é a condena que pesa sobre min.

Non quero ser salvada.

 

 

 

O alumnado de 4º de ESO foi o encargado de construir a figura da nosa "Ariadna" e de presentar o acto coa lectura do poema de Eusebio, unha explicación sobre o mito de Ariadna e unha explicación de sobre a necesidade de sensibilizar ao respecto destas situacións de violencia machista. A actividade conmemorativa consistiu no traballo por aula, tras unha seria reflexión, dunha palabra que poidese ser un "lastre" para o bo da nosa figura de tal xeito que, unha vez cortados os fíos que retiñan a Ariadna, esta poidera voar libre, sen ataduras....

 

   


O alumnado de segundo de primaria leu un fermoso manifesto  a favor da muller..

Finalmente, o alumnado de 1º de primaria cortou o último fío ...........e Ariadna voou libre!

 Ademais, o alumnado e profesorado de nova incorporación ao centro, cruzou, coma cada curso, a nosa porta violeta

 


Ao lado da porta violeta tamén onde tamén repousará Ariadna  unha tempada para lembrarnos que esta non é unha loita dun so día

 

FOTOS DA ELABORACIÓN DA FIGURA

GALERÍA DE FOTOS DO ACTO

VÍDEOS DO ACTO

GALERÍA DE FOTOS DO ALUMNADO E PROFESORADO NOVO CRUZANDO A PORTA VIOLETA

FOTOS DE ARIADNA XUNTO Á PORTA VIOLETA

 

ENLACE AO FACEBOOK O NOSO EUSEBIO

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet