Protexe aos animais

ABANDONO

Estes oito cachorros foron atopados a mañá do domingo 11 de novembro en Padrón. Van pasar unha semana en casas de acollida pero é moi urxente atopar donos para eles. Por favor, pregamos máxima difusión e instamos á cidadanía a colaborar coa garda civil en caso de ter información de quen puido telos abandonado. Poden contactar con nós no 881 867041. Grazas a todos/as pola vosa colaboración!!!

 

VOLTA CADA CURSO

O noso amigo volta cada curso. Aparece cedo, sobre as 8:30 da mañán, para recibir a ración diaria de pienso.Son varias as persoas que se encargan de darlle de comer e desparasitalo cando é preciso.

Estamos encantados de telo por aquí xa que axuda a manter as poboacións de ratos a raia e fai compañía. Haberá que poñerlle nome...


Aquí unha imaxe da "cama" que lle fixemos...non a estreou aínda ...

Ultimamente, ao noso amigo felino uniuse unha gatiña. Vén comer todos os días e durme na camiña que lles fixemos coa estrutura do ordenador..e está preñada!!.

Este é un dos problemas de non manter un control coas poboacións de gatos. ...en fin, xa veremos como solucionamos. En calquera caso, SE ALGUÉN ESTÁ INTERESADO EN ADOPTAR UN GATIÑO, ESPERAMOS FAMILIA NUMEROSA EN BREVE.

UNHA NOVA LECTURA

 

Dentro do programa do Plan Proxecta deste curso, preténdese realizar outra lectura relacionada cos animais. Neste caso trátase dun libro escrito por Koffi Eric Innocent Konan e ilustrado pola galega e socia fundadora de la Asociación de Cooperación Exterior Egueire, María Teresa Del Río Romero libro  libro recolle dezasete contos breves que nos achegan aos misterios, tradicións e lendas africanas.

LECTURAS

Dentro do Programa do Plan Proxecta, o alumnado de 1º de ESO realizou lecturasde contos curtos procurados en internet sobre temas que tratan sobre o maltrato animal. Unha vez rematadas fíxose un pequeno debate no que se tocaron puntos principais da temática e tamén a opinión do alumnado sobre estes contos.

Foron historias tristes que remexeron o noso corpo e a nosa alma pero que axudan a recapacitar sobre o tema do coidado dos animais e sensibilizan e fan madurar.

Grazas alumnas/os por estaren tan implicados!!

O PRIMEIRO RESCATE DO CURSO

Onte pola noite, Naira, unha alumna de 6º recolleu da estrada a esta cría de ourizo cacho. Estaba famenta e con algo de frío pero cunha mantiña e comida húmida para gatos cahorros conseguimos reanimala. Pasará un tempo na casa dunha das profes ata que recupere totalmente e chegue o momento de ceibala. Polo de agora non ten nome...haberá que buscarlle un!

 

Ben, xa temos nome; chámase Pinchi. É un macho.

Pasou uns días na casa dunha profe e foi desparasitado e alimentado. Hoxe, unha semana máis tarde, ceibarémolo nunha zona segura. Para isto contamos coa axuda de Xiao que o levará a un espazo natural libre de estradas para que non corra o risco de ser atropelado.

Durante a xornada lectiva de hoxe, e como despedida, visitou as aulas do alumnado de primaria. Algo estresado, é certo, pero feliz, non dubidou en comer o pienso de gatiños que lle trouxemos para ir rillando ao longo da mañán.

O alumnado de 6º despediuse del con pena pero sendo conscientes da necesidade de ceibalo xa que se trata dun animal salvaxe e en nengún caso debe vivir en catividade. Falamos tamén dos coidados básicos que require un animaliño como este e de cómo se debe actuar cando aparece unha cría de calquera especie, facendo fincapé na necesidade de deixala no seu sitio, asegurándonos de que non corre risco, e esperar a que os pais a recollan. No caso de Pinchi, Naira fixo unha labor excepcional xa que se atopaba na estrada e había moitas posibilidades de que morrera atropelada por un vehículo.

Por outra banda, o alumnado de 4º pesouno realizou un proxecto interdisciplinar para procurar información e datos sobre esta especie.

ENLACE Á PRESENTACIÓN DO PROXECTO

 

  

 

GALERíA DE FOTOS

Tamén saímos na prensa....Bo traballo rapaces!!

 

ENLACE A NOVA NO XORNAL

SORTE PINCHI!!. Que teñas unha vida longa e feliz!!!

 

RESPECTO POLOS ANIMAIS

As mozas e mozos de 6°, reflexionamos sobre a tenza responsable dos nosos animais, aproveitando que o centro participa no plan proxecta "Protexe aos animais". Decidimos decorar a nosa aula coas súas fotos baixo o lema RESPÉCTAOS e CÓIDAOS!

MOI BO TRABALLO!!!!

Powered by Drupal - Design by artinet