Terceiro Ciclo

O MAIO

E chegou o maio, e con el as flores, as cantigas...

Aquí ven o maio

disposto a contar

as cousas que pasan

e as que han de pasar.

A estes meniños de quinto

gústalles moito xogar

e tamén lles gusta moito

escribir e debuxar.

Os alumnos desta clase

veñen contentos á escola

e aprenden moitas cousas

mentras.....

A ver se es quen de rematar a estrofa. Retámosche a que inventes máis para cantalas entre todos.

 

 

Esta é a porta da nosa aula. A que está chula co seu maio? Non esquezades poñelo na porta da vosa casa antes de que se poña o sol. É a tradición do maio.

GASTERÓPODOS, VERMES,...

 

 

 

Estes días visitan a escola diferentes animais, onte viñeron os caracois e hoxe tocoulle á miñoca.

 

É interesante investigar a vida destes e outros animais, e aprender os seus costumes, utilidades, ...

Seremos quen de completar cos nomes a seguinte imaxe?

 

Xa me contaredes...

Ah!! e onte puidemos ver no microscopio os paramecios que viven na auga estancada! Foi toda unha experiencia!!

 

OS ANIMAIS

 

 

No laboratorio temos moitos animais. Empezamos a traballar a súa clasificiación: esponxas, celentéreos e equinodermos. Imos velos!

 

 

 

INVESTIGAMOS NO LABORATORIO

Hoxe os alumno/as de 5º fomos ao laboratorio para investigar sobre as células. Preparamos unha mostra para ver no microscopio, e vimos as células dunha folla de leituga, dunha espinaca e dunha cebola.

 

 

 

Resultou ben interesante. Agradecemos a colaboración de Loli, a profe de ciencias da ESO, que nos axudou a preparar todo. Volveremos outro día!

A ÁRBORE DOS CONTOS

A nosa árbore dos contos vai collendo forma:

 

 

 

Ánimo para seguir escribindo!

 

VISITA AO PARLAMENTO

Hoxe, 27 de marzo, o alumnado de 3º ciclo de Primaria visitamos o Parlamento en Santiago.

Fixemos a viaxe en tren desde Padrón:

 

 

 

Xa no edificio do Parlamento un guía foinos presentando as instalacións e explicándonos as funcións do Parlamento e dos diferentes grupos parlamentarios. Ata participamos nun debate dentro da biblioteca.

 

Tamén visitamos o salón de plenos, velaquí unha foto do grupo:

 

VISITA A SANTIAGO

O martes 18 de marzo  o alumnado de 4º, 5º e 6º de E. Primaria fomos a Santiago para visitar as cubertas da catedral, a praza de abastos e a libraría Couceiro.

Velaquí unha foto do grupo na praza do Obradoiro.

 

Aquí estamos nas cubertas da catedral, atendendo ás explicacións da guía:

 

 Despois visitamos a praza de abastos: a carnicería, peixería, froitería,...

 

 

A Marta tocoulle unha flor por responder rápido e ben ás preguntas da floristeira.

 

Tamén nos explicaron como se facía o reparto a domicilio e como algúns productos se envasaban ao baleiro para conservalos mellor:

 

Por último visitamos a libraria Couceiro, onde nos explicaron como se elaboraban antigamente os libros, a maneira de escribilos, encadernalos.... e puidemos ver a sección de literatura infantil e escoller algúns títulos:

 

Foi unha saída moi ben aproveitada, aprendemos ben de cousas ademáis de pasalo estupendamente.

 

Exame de lingua galega

O xoves 13 exame de lingua galega de 6º de primaria

ZULÚS

Velaquí a  tribu de 5º:

 

 

 

RECIBIMENTO DE ENTROIDO

Cun recibimento coma este da gusto volver ao cole:

 

Moitas grazas chico/as, eu tamén vos quero un montón!!

 E como manda o Entroido viñemos todos de pixama e claro, quedámonos a durmir!

 

Pero foi só un pouquiño, axiña espertamos e puxémonos a traballar:

 

Agardámosvos mañá no día grande do Entroido!!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet