Ciencias Naturais

Science Club

Alumnado de diferentes cursos de ESO recibiu unha charla impartida pola nosa Conversation Assistant sobre o seu traballo desenvolvido en Costa Rica durante a súa etapa como estudante universitaria  e que tiña como temática principal as enfermidades tropicais...estas charlas terán continuidade en vindeiras semanas.

Tamén degustamos doces típicos da súa terra.....

Grazas Haylie pola túa colaboración!!!

EXCELENCIA

Dentro dos Contratos Programa, este curso, o noso centro participa dentro da modalidade para acadar a excelencia. Dende o Deparatmento de Ciencias Naturais organizouse unha actividade que consiste nun concurso de enigmas sobre o mundo natural: facilítase quincenalmente ao alumnado unha foto relacionada co medio natural que debe investigar para dar unha solución ao enigma "Que ven sendo?".

Ao final do curso os alumnos/as con máis acertos recibirán un agasallo.

Sorte a todos os participantes!!!!

TÁBOA PERIÓDICA INTERACTIVA/ INTERACTIVE PERIODIC TABLE OF ELEMENTS

Picando no enlace accederedes á unha moi práctica táboa dos elementos interactiva:

INTERACTIVE PERIODIC TABLE OF ELEMENTS

FOTOS

Picando no ENLACE  e no ENLACE1 accederedes a unha páxina con fotos extraordinarias. Espero que vos guste.

SAÍMOS A COMPROBAR O ESTADO DE SAÚDE DO RÍO SARELA

O próximo martes, 28 DE OUTUBRO sairemos a realizar unha inspección ao tramo do río Sarela que baña a PRAIA FLUVIAL DE SEIRA (Concello de Rois) para comprobar o seu estado de saúde. Ide preparando chuvasqueiro e botas de auga!

Os nosos veciños de Rois tamén inspeccionaron un tramo dun río. Pinchade no enlace para ver como traballaron.!Así faremos nós!

FABRICACIÓN CASEIRA DUN VOLCÁN

Cando queirades volver a utilizar a vosa maqueta do volcán, consultade este video para recordar como se realiza a reación química que simula unha erupción volcánica.

CURIOSIDADES DA NATUREZA

¿ A que non sabiades que durante un terremoto o chan pode se comportar coma un líquido, ou que existen fungos brilantes?.

Se accededes ao enlace poderedes desfrutar de 10 fantásticas curiosidades da natureza.

Powered by Drupal - Design by artinet