CONVOCATORIA FONDO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 23-24

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023-2024.
 
Publicada a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).
 
Poden consultar a dita orde no seguinte enlace:
 
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230519/AnuncioG0655-100523-0001_gl.pdf
 
Con respecto ao fondo solidario, haberá cambio de libros en 4º e 6º de educación primaria e en 2º e 4º de educación secundaria. No resto dos cursos manteranse os libros de texto do curso 2022/2023.
 
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia  https://sede.xunta.gal/portada. Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
 
Non se tramitarán solicitudes polo correo electrónico.
 
Opcionalmente, poderán presentarse presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
 
O prazo para presentar as solicitudes remata o 21 de xuño de 2023 (este incluído). Calquera solicitude presentada despois deste día será excluída.
 
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO DE 09:00 a 14:00
 
 
 

17 de maio

O martes 16 de maio celebramos o Día das Letras dedicado a homenaxear a Francisco Fernández del Riego, así como a celebración dos Maios. 

Aquí podedes ver todas as fotos e aquí o vídeo,

 

 

 

 

 

V CONCURSO DE POESÍA MATEMÁTICA. INTERXERANDO

Un ano máis celebramos o noso concurso de poesía matemática, este ano coa temática ”Interxerando”.

 Queremos agradecer ao noso alumnado a capacidade que tivo para emocionarnos cos seus fermosos versos e de mostrarnos a todas e todos que os retos si son posibles sempre que se pon empeño.

 Parabéns ás persoas gañadoras e grazas pola vosa participación!

 1º PREMIO   “Sentimentos”  de  Sheila Ageitos  4º ESO

2º PREMIO  “A arte das matemáticas= herdanza de familia” de Anxo Tarrío  3º ESO

3º PREMIO   “Multiplicarse e dividirse”  de  Saleta Rivo  2º ESO

Aqui tedes todas as fotos, vídeos e poesías gañadoras. 

Erasmus+ 2023

O alumnado de 4° da ESO viaxou a Italia dentro do programa Erasmus+.

 
 

 

Aquí tedes todas as fotos e vídeos e aquí un resumo do que fixeron.

Simulacro de incendio

Hoxe fixemos un simulacro de incendio coa colaboración da agrupación de Protección Civil de Padrón. 

Aquí tedes todas as fotos do simulacro.

Celebración do Día da Muller: 8 de marzo.

No CPI Eusebio Lorenzo Baleirón celebramos o Día da Muller.
En Primaria falamos e reflexionamos nas titorías, e debuxamos e escribimos, sobre algunha das nosas mulleres favoritas, ás que homenaxeamos este día, pero tamén o resto do curso coa exposición que podedes ver no cole.
O alumnado de Secundaria e o resto da comunidade educativa faremos esta homenaxe cunha exposición fotográfica, que por suposto, está aberta a novas achegas.
Gracias a todxs pola participación!

 

Aquí tedes o enlace ás fotos e o vídeo da actividade do Concello na que participou o alumnado da ESO e o CRA. 

8 DE MARZO

Desde a Biblioteca do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, propoñemos esta actividade ao alumnado de ESO, profes e comunidade educativa, co fin de facer unha exposición conxunta para celebrar o 8M. As fotos poderán entregarse no correo electrónico da biblioteca que aparece no cartel. Animádevos!

Powered by Drupal - Design by artinet