FUNDACIÓN CAMILO JOSÉ CELA

Hoxe, 14 de maio, os alumno/as de 4º, 5º e 6º de E. Primaria visitamos a Fundación C. J. Cela en Iria. Electra e Fran, aos que xa coñeciamos de velos polo cole, presentáronnos a exposición e contáronnos moitas anécdotas sobre  a vida e obra de Cela.

 

 

Vimos as coleccións que tiña: de bacinillas, de plumas estilográficas, de botellas,... Este é o escritorio que utilizaba C.J.C.

 

 Tamén fixemos un xogo para aprendermos os títulos das súas obras: La Colmena, La familia de Pascual Duarte, Oficios de tinieblas 5, Mazurca para dos muertos...

E para rematar disfrutamos do estupendo xardín, merendamos e xogamos con xogos populares:

 

 

Velaquí unha foto do grupo:

 

Tivemos un día estupendo e, ademais de disfrutar, aprendemos un montón.

Moitas grazas á Fundación C.J.C. por invitarnos.

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet