SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO

Ao longo da semana do 5 ao 9 de novembro celébrase a Semana da Ciencia en Galego. O departamento de Tecnoloxía xunto co de Galego convidan aos alumnos e alumnas do centro, e tamén ás familias, a visitar a exposición sobre Leonardo Da Vinci que permanecerá aberta no edificio de Secundaria ata o día 20 deste mes. Tamén animamos aos nosos alumnos a que participen no concurso "Coñezo a vida e a obra de Leonardo Da Vinci?".

As bases do concurso poden ser consultadas na propia exposición.

Powered by Drupal - Design by artinet