PROXECTO CALENDARIO ESCOLAR

      O CPI Eusebio Lorenzo Baleirón ten a intención de elaborar un calendario para o ano 2013 que será entregado ás familias ao longo do mes de decembro. Para iso, solicitamos a colaboración de todo o alumnado, que xa foi instado a recoller no seu entorno próximo  ditos populares ou refráns relacionados cos meses do ano. Recolleranse así mesmo debuxos que leven por título un mes do ano.

     Tanto os ditos populares ou refráns como os debuxos poderán ser entregados en man a José Manuel, pero tamén se poderán enviar á seguinte dirección de correo electrónico: revistadodro@gmail.com.

Grazas pola vosa colaboración.

Powered by Drupal - Design by artinet