IV Certame de GaleTikTokers

Na tarde-noite do venres 10 de novembro, as nosas alumnas de 3°ESO Aroa Boga, Uxía Ríos e Daniela Brea
asistiron na Casa da Cultura de Bertamiráns á entrega de premios do IV Certame de GaleTikTokers,
organizado polo Concello de Ames.
A gala estivo marcada pola magnífica actuación musical do grupo amesán "Onda Dagda" e tamén polo bo humor
dos presentadores e creadores de contido en galego @Pradorua e @Gabiig8.
Gustounos, pasámolo ben e, aínda que desta volta non saímos premiadas, sabemos que a primeira vez sempre é
para aprender: raro é iso de chegar e encher. Así que para o ano, como disposición non falta e talento tampouco, máis e mellor! 
Parabéns orgullosos ás tres.

 

Powered by Drupal - Design by artinet