EMOTIONS

What makes you feel happy, sad, angry, scared, surprised or disgusted?


Os nen@s de Dodro reflexionamos en inglés sobre as nosas emocións. Compartimos cos demais que nos fai sentirnos dunha maneira determinada e como reaccionamos ante esa emoción.

Os máis pequechiñ@s falaron da alegría ( happiness) e a tristeza ( sadness) e deixaron plasmadas as súas ideas en fermosos pósters onde aparecían fotos súas, debuxos, ilustracións,...

O mesmo fixeron os/as de 3° a propósito da ira (anger) e os de 4° falando do medo ( fear)..


Aos/ás maiores tocáronlles emocións complicadas: a sorpresa (surprise) a 5° e o asco ( disgust) a 6°.

 

 


As exposicións orais de tod@s resultaron moi enriquecedoras para cada grupo e serviu para coñecernos máis, a nós mesm@s e aos demais.

 

Powered by Drupal - Design by artinet