TAMÉN APRENDEMOS XOGANDO...

Boas a tod@s,

Estas semanas estivemos traballando as rectas e os ángulos, démonos de conta de que as persoas temos devoción polos ángulos rectos! As portas, ventás, libros, mesas, cadernos... e inclusive a aula ten ángulos rectos!

Ademais, fixemos un xogo para afianzar as rectas paralelas e secantes, estivo con nós a mestra Jose... mirade, mirade, parece que nos doe a cabeza!

 

Para facer o xogo primeiro temos que ter na frente un papel adhesivo cun par de rectas paralelas ou secantes. Despois dividimos a clase en 2 grupos, un en frente do outro. A mestra Jose e eu sostemos unha manta de forma vertical, que subimos e baixamos, para que os nenos/as poidan verse uns segundos e dicir que recta ten o compañeiro/a.

Ao final a competición derivou nun EMPATE, porque os dous grupos o fixeran moi ben.

Ata outra! 

 

Powered by Drupal - Design by artinet