PLAN DE MOBILIDADE SUSTENTABLE

Bo día:

O Concello de Dodro, ven de iniciar un Plan de Mobilidade Sustentable. Este servirá como ferramenta de planificación estratéxica do seu territorio a través do fomento dunha mobilidade sustentable, que procure unha accesibilidade universal e implique transformar múltiples hábitos da mobilidade. A implantación de formas de desprazamentos máis sustentables (camiñar, bicicleta, transporte público)está estreitamente ligada á redución da contaminación, á mellora da contorna dos núcleos de poboación e ao impulso da inclusión social.
Como inicio do proceso de toma de datos, o equipo redactor xa comezou a avaliar a calidade do espazo público e localizar aqueles puntos sobre os que resultaría de especial interese actuar. Con este obxecto poñemos a disposición da poboación unha consulta dixital online na que calquera persoa residente neste termo municipal terá a opción de participar, de xeito que sexa posible coñecer tanto as demandas e propostas, como os hábitos de mobilidade dos seus veciños e veciñas en relación ao Plan de Mobilidade Sustentable.

O cuestionario online, é de carácter anónimo e poderá cubrirse ata mediados de Marzo. Deixamos aquí o enlace á mesma para que a cumprimentedes:
http://plandemobilidade.com/dodro/

De xeito adicional poderán enviarse suxestións ao correo seguinte correo electrónico:
dodro@plandemobilidade.com

A necesidade de desenvolver un Plan de Mobilidade no Concello de Dodro xorde a raíz da crecente preocupación polo medio ambiente e o fomento de modos de transporte sustentables.

Graciñas pola súa colaboración, un saúdo.

Powered by Drupal - Design by artinet