XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O venres día 21 de xuño, como remate do curso e tal e como se vén facendo no noso centro, celebramos a Xornada de Portas Abertas recibindo a toda a comunidade educativa e expoñendo os proxectos realizados ao longo do curso que seguen unha mesma temática anual ( este curso foi sobre o cine).

Foi unha mañán completa e chea de actividades tales como proxeccións, traballos de tecnoloxía e plástica, murais e decorados de cine, xogos  e poemas, campañas contra o maltrato animal, testemuñas sobre a guerra.....Aquí vos presentamos o resumo e as galerías de fotos:

 

 VIDAS DE PELÍCULA

Traballo onde se recolleron as testemuñas de familiares do alumnado sobre a época da guerra civil. Os audios foron presentados na aula de informática.

GALERÍA DE FOTOS E AUDIOS

DECORADOS DE PELÍCULA

Marabillosos decorados realizados por diferentes cursos

GALERÍA DE FOTOS

TRABALLOS DOS MÁIS PEQUENOS


Proxectos realizados polo alumnado de 1º e 2º de EP con códigos QR, curtametraxes inventadas, contos de cinema, lapbook sobre películas de mascotas....

GALERÍA DE FOTOS

 

CANTO SABES DE CINE?

      


Xogo de preguntas realizado polo alumnado de 6º de primaria

GALERÍA DE FOTOS

PASAPALABRA DE CINE EN GALEGO

 

 

 

Rosco ideado por alumnado de 1º de ESO con preguntas sobre o cine con diferentes niveis adaptados a todas as idades

GALERÍA DE FOTOS

CINEPOEMAS


Poemas elaborados por alumnado de 2º e 3º de ESO en lingua galega que inclúen frases famosas de películas

GALERÍA DE FOTOS

PLAN PROXECTA: PROTEXE AOS ANIMAIS

   

Campañas e murais realizados por alumnado de 1º e  4º de ESO e de 5º e 6º de EP sobre as necesidades dos animais de compañía e contra o maltrato animal

GALERÍA DE FOTOS

CREACIÓNS E XÉNEROS DE CINE


Traballo realizado por alumnado de 6º de EP sobre xéneros de cine e creacións famosas do cine internacional

GALERÍA DE FOTOS

PROXECCIÓNS


Diversas proxeccións levadas a cabo por diferentes departamentos ( inglés de primaria, inglés de secundaria, música..)

GALERÍA DE FOTOS

O MESTRE MATEO DE DODRO

 

Proxecto elaborado polo alumnado de 4º de EP sobre os premios Mestre Mateo e explicación oral sobre o mesmo.........

..........e xogos de mesa relacionados co tema do cine

GALERÍA DE FOTOS 

PROXECTOS DE 4º DE EP

Proxectos realizados ao longo do curso sobre naturais, tecnoloxía, sociais, presentacións en Power Point...

GALERÍA DE FOTOS E VÍDEOS

TRABALLOS DE TECNOLOXÍA

 

 

Maquetas realizadas polo alumnado de 2º , 3º e 4º de ESO na materia de tecnoloxía..tamén sobre a temática do cine

GALERÍA DE FOTOS

MURAL DE PLÁSTICA E CÓMICS

 

 

Mural realizado polo alumnado de plástica de 4º de ESO e cómics e traballos gráficos elaborados polo alumnado de 1º e de 3º de ESO

GALERÍA DE FOTOS

FRANCÉS

Proxectado de vídeos realizados polo alumnado de Francés de secundaria

GALERÍA DE FOTOS

TRABALLO DE 3º DE EP

Murais sobre a temática do cine

GALERÍA DE FOTOS

CONCERTO

   

Como remate o departamento de música de secundaria deleitounos cun concerto magníficamente interpretado polo alumnado de 2º, 3º e 4º de ESo...e algún que outro profe....

GALERÍA DE FOTOS E VíDEOS

 

 

 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet