VÍDEO DIDÁCTICO

Dende o departamento de Plástica e Visual e dentro do Proxecto do Centro que este ano ten como tema o cine, realizouse a grabación dun vídeo didáctico que pretende sensibilizar ao respecto do trato aos animais. Foi realizado polo alumnado de 3º de ESO e contou coa colaboración do profesor de Lingua Francesa e unha actriz moi especial. Sopa, ese é o seu nome, dá vida a Troski no vídeo ao que podedes acceder dende o enlace ao final da páxina.

Mentres tanto unhas de fotos do momento da grabación.....

De volta ao centro, o alumnado de 4º de ESO recibiu a Sopa e deulle mimos todos cantos quixo...ela encantada.

 

ENLACE AO VÍDEO

Powered by Drupal - Design by artinet