TRABALLOS DE TALLER

CURSO 2023-2024

Este curso as maquetas consisitirán en animais en 1º de ESO, un tipo de hábitat coa súa fauna e flora en 2º e unha maqueta dunha clínica veterinaria en 4º. 

Deixo unhas fotos do proceso e acceso ás galerías de fotos:

 

No caso de 4º de ESO tamén estamos a realizar prácticas de instalacións de baixa tensión nas vivendas:

 

GALERÍA 1º ESO

GALERÍA 2º ESO

GALERÍA 4º ESO

 

 O alumnado de 4º, como é moi apliacdo, tamén elaborou o meco que, de xeito tradicional, queimamos cada curso polo Entroido:

 

 

GALERÍA DE FOTOS

E tamén participou na realización das figuras dos animais para a conmemoración do Día de Rosalía:

GALERÍA DE FOTOS

 

CURSO 22-23

4º ESO 

Comezamos este novo curso dedicando unas sesións a proxectos inclusivos fabricando  zancos e xogos tradicionais con rodas de bicicleta para o alumnado de primaria.

 

 

GALERÍA DE FOTOS

Tamén realizamos unas actividades para a biblioteca que se incluirán na actuación de eduexcelencia dentro dos contratos programa:

 

GALERÍA DE FOTOS

 

Dentro do programa CPInnova de Contratos Programa, o alumnado de 4º de ESO está a elaborar unha serie de útiles para os usuarios do Centro de Día  do concello de Dodro. Trátase de elementos como soportes para os bastóns, atrís para libros, aumentadores do mango dos cubertos de cociña, dado grande, calendario de orientación e outros relacionados coas actividades de ocio dos maiores.

Iremos actualizando a medida que vaiamos construíndo...



 

CURSO 21-22

2º ESO

As maquetas deste curso tiveron como temática o corpo humano co que cada grupo escolleu o tema que máis atractivo lle pareceu; uns o sistema dixestivo, outros o circulatorio, o urinario, o respiratorio, o muscular, o esquelete....todos os proxectos foron relaizados utilizando material de refugallo e contan cun motor  de c.c e un mecanismo que permite mover unha parte da maqueta e dous circuitos de luces, un cun interruptor e outro con conmutadores.

 

GALERÍA DE FOTOS

3º ESO

Cos dous grupos de 3º de ESO realizamos maquetas de vivendas unifamiliares. O grupo de 3º A optou por facela en cartón e o de 3º B en madeira. O deseño das mesmas estivo determinado polas características do " propietario" xa que, como o proxecto de centro vai sobre o corpo humano, as vivendas foron deseñadas para persoas con algún tipo de discapacidade: a de 3º A sería para unha persoa invidente e a de 3º B para unah persoa con movilidade reducida.


Tamén fixemos prácticas de instalacións eléctricas en vivendas ( instalacións de baixa tensión):

GALERÍA DE FOTOS 3º A

GALERÍA DE FOTOS 3º B

4º ESO

 

O alumnado de 4º de ESO xa comezou a parte práctica da materia de Tecnoloxía. Pintaron paredes deterioradas do corredor de secundaria e iniciaron os traballos nunha das maquetas que van construir ao longo do curso:

 


Outro traballo realizado polo alumnado de 4º foi o pintado dos bancais do horto, de violeta, como non!!

 

 

 

 

O traballo de taller, as amquetas do Proxecto de Centro deste curso adicado ao corpo humano van collendo forma. O gurpo de alumnado de Tecnoloxía traballa moito e moi ben!

As maquetas representan os sistemas nervioso, linfático e reprodutor:


 

 

 


 

CURSO 20-21

O proxecto de centro, este curso, trata sobre as emocións. Aquí tedes unha mostra do traballo de taller de 2º e 3º de ESO.

2º ESO

Maquetas deseñadas polo propio alumnado que expresan diferentes emocións eque foron, coma todos os anos,  construídas con material de refugallo.

GALERÍA DE FOTOS MAQUETAS DE 2º

3º ESO

O alumnado de 3º realizou un deseño de planos de vivendas que levou, a escala, á construción de maquetas de vivendas. Este curso quixemos reproducir modelos de vivendas tipo loft. Incluiron circuitos de luces e motores de corrente continua para rematar as prácticas que quedaron sen facer no último  trimestre do curos pasado.....eso sí, tamén expresan emocións.

GALERÍA DE FOTOS MAQUETAS DE 3º

VÍDEOS

No terceiro trimestre, unha vez rematadas as maquetas, o alumnado de 3º de ESO realiza as prácticas de electricidade co uso de compoñentes reais instalando os elementos da acometida ( caixa xeral de proteción, contador e cadro de mando e proteción) e realizando circuitos básicos das instalacións de baixa tensión na vivenda como a instalación dun punto de luz  que se encenda dende unha soa chave, dous puntos de luz que se poidan enceder dende unha chave, dende dúas e dende tres e un enchufe con toma de terra.


GALERÍA DE FOTOS

CURSO 18-19

Os traballos realizados este curso teñen relación co Proxecto de Centro que é sobre o cine.

2ºESO:

As maquetas que se estána realizar son escenas da película de Star Wars ( Una nueva esperanza)...agardamos que vos gusten:




3º ESO: O alumnado deste grupo realizou, coma noutros anos académicos, prácticas de electricidade con compoñentes reais, nas que instalou a caixa xeral de protección, o contador monofásico, o cadro de mandos e fixo instalacións de lámpadas que se encenden dende unha, dúas e tres chaves e enchufes con toma de terra.


 

Tamén elaboraron maquetas que representan platós de  cine en relación ao proxecto de centro deste curso.

 

4º ESO: O alumnado de 4º de ESO realiza durante este curso unha maqueta dunha sala de cine. Coma sempre inclúense circuitos eléctricos, electrónicos e pneumáticos. Aquí algunhas fotos dos momentos de taller:


CURSO 17-18

Aquí deixamos unha mostra dos traballos realizados este curso no taller dentro do Proxecto de Centro " Estamos a Monte".

2º ESO:

Maquetas de partes dunha aldea sostible como muíño hidráulico, hotel, aserradoiro hidráulico, vila, parque eólico e granxa e horto. Todas elas conforman ,xuntas, unha aldea que se sustenta con produción propia  e enerxías renovables e todas contan con circuitos eléctricos con interruptor e conmutadores e circuito de cambio de sentido de xiro de motor de corrente continua.

GALERÍA DE FOTOS

Granxa e horto

 

Hotel

Pobo

Parque eólico

Aserradoiro hidráulico

3º de ESO:

O traballo práctico consistiu na elaboración dos planos dunha vivenda unifamiliar básica seguindo as directrices recollidas no Proxecto Anual de Centro sobre o monte.

Realizouse ademáis a instalación eléctrica básica sobre os propios planos, e a representación sobre papel das  instalacións de auga quente e fría, gas e calefacción así como a elaboración das maquetas en madeira e a escala coa distribución das estancias e mobles.

GALERÍA DE FOTOS

 

 

Nas imaxes podedes ver algún dos momentos nos que realizaron prácticas de electricidade nas que montaron a acometida dunha vivenda unifamiliar coa caixa xeral de protección, contador monofásico e cadro de mando e protección, así como a instalación de lámpadas que se encenden dende un, dous, e tres puntos e enchufes con toma de terra.


 

 

4º de ESO:

Maqueta dun centro de interpretación do monte de Dodro. Conta con mecanismos de motor, luces e sistema pneumático ( este último fai sair un coello dun tobo..) e paneis informativos coa fauna e flora máis representativa do monte do concello. Tamén conta cun panel de alerta de incendios forestais que indica con luz e son o risco (sen risco, risco baixo, medio e alto) de que se produza un incendio.

GALERÍA DE FOTOS

 

  

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet