VISITA A LOURIZÁN

O alumnado de ESO visitou as instalacións de Lourizán como actividade complementaria ao Proxecto de Centro deste curso sobre o monte. A actividade foi organizada e levada a cabo polo Departamento de Ciencias Naturais o xoves 22 de marzo. Consistiu nunha visita guiada ao Xardín Botánico de Lourizán ( Marín-Pontevedra), onde puideron observar especies de árbores exóticas e autóctonas. Unha das árbores máis curiosas foi un exemplar de "Metasequoia sp", do que só existen cinco exemplares en toda Europa.Posteriormente os monitores informaron dos ciclos formativos que se imparten no Centro de Investigacións Forestais de Lourizán. Os alumnos tiveron ocasión de manexar, con máis ou menos éxito, maquinaria utilizada nas clases prácticas: grúa, tractor, motoserra, cortalumes....

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet