Skip to Content

Club de lectura

Último día

Hoxe rematamos as nosas reunións do Club de Lectura.

Como o libro resultaba un tanto difícil para o alumnado decidimos volver organizar unha sesión de xogos para facerlles máis doada a comprensión de determinados feitos que acontecían na historia e tamén para premiar a súa fidelidade (pois seguiron aí malia as adversidades provocadas pola pandemia).

Repetimos máis ou menos o esquema da sesión anterior se ben con actividades diferentes que abranguían varias capacidades e destrezas:

  • actividade física (levar a un compañeiro/a á carretilla)
  • manualidades (realizar unha construción con pezas magnéticas, montar un medio de comunicación a distancia básico)
  • capacidade espacial (orientarse entre obstáculos e sen visibilidade)
  • capacidade visual (localizar elementos alleos nunha serie de obxectos)
  • capacidade olfactiva (recoñecemento de olores)
  • capacidade táctil (recoñecemento de obxectos)
  • musicalidade (entoar unha canción)
  • xogos de palabras (crear novos termos a partir dunhas palabras dadas)
  • memoria (unir parellas de nomes)

A verdade é que o pasamos moi ben e quedamos con bo sabor de boca para o verán.

O curso que vén será sen dúbida mellor, ese é o noso compromiso.

Grazas a todos por participar.

  

 

     

 

Xincana

Onte tivemos unha nova sesión do club, pero nesta ocasión cambiamos as palabras polos xogos. Así, o alumnado participou por equipos nunha xincana baseada na lectura programada. 

Os xogos foron de diversa índole, pero todos funcionaron moi ben:

  • manualidades (elaboración de trenzas, ensartar tapas para facer unha cadea, crear unha imprenta manual)
  • capacidade visual (palabras cruzadas, ilusións ópticas)
  • capacidade olfactiva (recoñecemento de olores)
  • capacidade táctil (recoñecemento de obxectos)
  • comprensión de mensaxes diversas (a través das mans, a través de alcumes)
  • memoria (completar ocos, ordenar pasaxes do libro)

 Para deixar constancia aquí vos mostramos algunhas imaxes da tarde.

 

Primeira reunión... por fin!

O pasado xoves 11 de febreiro tivemos a primeira reunión do Club de lectura que foi adiada en varias ocasións pola alta incidencia do COVID-19 en Cerceda. 

Precisamente debido a este motivo a xuntanza xa versou sobre a totalidade da obra de lectura proposta: El niño en la cima de la montaña, de John Boyne. 

Tratamos múltiples aspectos de interese da obra: partindo do horror da guerra pasamos pola amizade, a familia, a violencia de xénero, a culpa, os referentes que temos, etc. sen esquecernos de facer notar as diversas referencias bibliográficas do texo (Oliver Twist, de Charles Dickens; As viaxes de Gúlliver, de Jonathan Swift; ou o anterior título deste mesmo autor, El niño con el pijama de rayas).

Por último, acordamos o seguinte libro do club, tendo en conta que preferían libros de temática relacionada coa guerra: El lector de Julio Verne, de Almudena Grandes.

Resultado de imaxes para: el niño en la cima de la montaña

 

CLUB DE LECTURA 2019-20

      O club de lectura estivo formado por alumnos, profesores, Este ano non dou tempo que viñeran nais nin peroal  do pobo, nais que outros anos participaban e agora xa non  teñen fillos no centro, queren seguir vindo.

     Fíxose unha selección de libros dos que dispón a biblioteca e outros que se mercados este curso sobre os que versan as actividades propostas.

     Lectura dos libros propostos

     Os membros do club de lectura combinan a lectura dos libros seleccionados con actividades sobre os libros lidos. Ou traballos e publicanse na web do centro.

Os libros que se leron son entre outros

As doce badaladas

La playa de los cristales rotos

Christmas Carol

Charly y la Fábrica de chocolate

              Medo 

 Este ano  propuxemos  elaborar Biografías de personalidaes galegas e gravaronas en voz e fixeron con elas pordcasts para a nosa radio "Radio Aloumiños" http://www.proyectoscpiocruce.com/cpiocruceradio/gl/

 Cl Lectura

Escribimos  entrevistas  a personaxe famosos e gravaronse pero houbo mais dificultades. 

Club de lectura segundo ciclo de secundaria

O club de lectura de segundo ciclo de secundaria tivo unha importante resposta inicial por parte do alumnado de 3º de ESO que obrigou a dividir o grupo en dous para non pasar de quince participantes para que realmente resultase dinámico.

Comezou como cada ano cunha enquisa sobre os gustos dos participantes que serviu para ver puntos en común do grupo e ir perfilando o tipo de lecturas e actividades a propoñerlles.

Dado que as reunións foron no recreo, isto “obrigou” a acompañar as lecturas con pequenas merendas polo que decidiuse que o nome do club sería “Chococruce de letras”.

Na seguinte sesión revisamos e consensuamos as normas do club, definidas co grupo do ano anterior. Propúxose a primeira lectura: Mentira de Care Santos, galardoada no 2015 do premio EDEBË de literatura xuvenil e primeira obra dunha triloxía culminada no mesmo 2019.

Realizamos debates sobre os diferentes temas que a novela aborda: a delincuencia xuvenil, as relacións a través de internet, o amor virtual, o engano nas redes, a estigmatización da xente encarcerada, a realidade e existencia desta delincuencia xuvenil.

O feito de ter dous grupos con reunións quincenais fixo que esta fora a única lectura do primeiro trimestre.

No segundo trimestre a proposta foi continuar coa triloxía, coa lectura de Verdade, esta vez en galego, xa que a obra está traducida á nosa lingua, e Mentira xa fora lida en castelán. Por diversas razóns, non se puideron celebrar reunións nas primeiras semanas  

 

CLUB DE LECTURA 2018-19

Fotos 

Equipo Os Merlos 1, 2, 3

Equipo Spoilers

Equipo "Digital Kao"

Equipo " Reading  Garage"

Organizáronse no 1º ciclo da Eso catro grupos con 47 alumnos e un no 2º ciclo de Eso con 9 alumnos.  

Cada grupo elixe un nome e realizase un concurso de logos para que cada equipo teña o seu logo. 

Traballamos catro libros que xa utilizamos o curso pasado con moi bos resultados:

"E xoel aprendeu a voar" de Marica Docampo. A posta en común deste libro relizouse con cada equipo de 1º,  un o día 24 de novembro e outro o día 3 de decembro.

O libro "O Misterio das badaladas" de Xabier Docampo realizouse cos mesmos grupos o 11 e 18 de decembro.  

Estes libros gustaronlle moito aos alumnos e baseándonos neles propuxemos estas actividades

 

Actividade 1 

Actividade 2

Actividade 3 

 

Mensaxe:

5.14.3.1.14.21.1.4.1-5-1.7.19.1.4.5.3.9.4.1-17.16.19-3.16.13.17.1.19.21.9.16-3.16.14-23.16.20-11-13.9.20.21.5.19.9.16-4.1.20-2.1.4.1.12.1.d.1.20- 15.16.14-4.5.9.24.5.4.5.20-4.5-12.5.19

 Pista 1- Cada número correspóndese con unha letra

Pista 2 - estas son as letras que se corresponden cos números

A B C D E F G

H I J K L M N

Ñ O P Q R S T

  U V X Y Z

Solución:

Encantada e agradecida por compartir con vos "O Misterios das badaladas"· Non deixedes de ler

 proposta por Isabel Fuentes nai de alumno. Fixo o curso pasado e púxose como exemplo de actividades.

Os alumnos de 2º curso leron "A praia dos cristais Rotos" e " Cando  John Lenon coñeceu a Valle Inclán".Estes dous libros traballaronse en decembro e xaneiro.

Actividades complementarias: 

Facer unha entrevista a fomosos en calquera dos tres idiomas (galego, castelá e inglés). Os alumnos realizan a entrevista en parellas a partires da biografía do autor elexido. A entrevista represéntase para logo presentarse en podcast. 

Outra actividades que se propuxo para estes dou libros  foi escribir a modo de contos sobre un personaxe feminino, especialmente unha científica  o relato ten que estar creado  como si fose un conto e tamén grabamos o podcast 

No mes de febreiro  lemos "Round the world in eighty days" cos dous grupos de 2º .

A partires de aquí os alumnos farán unha posta en común  sobre os autores traballados. cada grupo expoñerá porque elexiu ese autor e os demais preguntarán e debatirán , será  unha sesión conxunta dos dous equipos de 2º.

Os alumnos  dos equipos de 1º len 

O Neno Can" de Fina Casalderrey. A posta en común realizase o día 16 de maio coordina o profe de galego Xabier Cuns , unha nai René .... a directora e os nenos de 1º A do club de lectura  a sesión resulta moi interesante  tanto por parate do coordinador como da nai e alumnos que tiñan moi traballado o libro.


Cando petan na porta pola noite de Xabier P. Docampo No que participaron os alumnos de 1ºB  e unha nai Isabel Fuentes e a profesora encargada da actividade.

Como actividade complementaria leen  unha novela por capítulos: Bally 

 Dáselle aos  alumnos o  título de cada capítulo para que eles escriban a súa novela. 

Vais a escribir una novela por capítulos en castellano. La condición es que cada pareja debe escribir una historia en torno a un monumento o un lugar de Milán, recordad los libros ·" E Xoel aprendeu a voar"  y " O neno Can"  . Debeis ilustrar cada capítulo NOVELA  alumnos 1º ESO

Enigma

 

Os dous grupos de 2º  leen o libro Vivir sin plástico - de Patricia Reina Toresano e Fernando Gómez Soria

Como actividade publicarán un decálogo para evitar o uso de plástico e mellorar o medio ambiente.

Club de lectura 2º ciclo de ESO

O club de lectura de segundo ciclo de secundaria comenzou cunha enquisa sobre os gustos dos participantes nel que serviu para ir cohexionando o grupo, ver puntos en común e ir perfilando o tipo de lecturas e actividades a propoñerlles.

Na seguinte sesión definimos as normas do club e elaboramos un cartel con elas. Propúxose a primeira lectura : Tuerto, maldito y enamorado de Rosa Huertas.

Nas seguintes sesións contactamos coa autora, quen nos enviou unha proposta de lectura desde distintas perspectivas que nos axudou a desgranar a obra. Todo un luxo.

http://www.rosahuertas.com/contacto.php

De ahí pasamos a El coleccionista de besos de Pedro Ramos, a historia dun adolescente de espectro autista (Asperger), e a súa relación co mundo: a súa familia, os compañeiros, as amizades, todo entrelazado entre relacións tóxicas e bullying a través das redes sociais. Nas reunións debatimos e reflexionamos todos estes temas nos que o noso alumnado está tan inmerso como o propio protagonista.

Neste momento en grupos leen obras diferentes para comentarlles aos compañeiros. Por un lado El señor de las moscas de William Golding, un clásico para seguir a reflexionar sobre as relacións humanas en sociedade, por outro lado O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz, libro de contos sobre todo tipo de amores e desamores mais alá do de parella.  

Ao tempo, preparamos recomendacións persoais para elaborar unha guía para o resto dos compañeiros cara ao verán.

Como actividade final realizaremos unha ‘escape room’ seguindo pistas relacionadas coas hisrorias das obras leídas

 

 

 

 

 

GRUPOS CLUB DE LECTURA 2017-18

DOCE BADALADAS           SPOILERS         TOBIAS          ESCARLATINA

                                                MERLO BRANCO

 

Este ano o CLUB DE LECTURA realízase cos alumnos divididos en varios equipos cada equipo ten o seu logo e nome. 

Empezamos lendo o libro de Cela "Del Miño al Bidasoa" con esta lectura pretendíamos que os alumnos viran un libro de viaxes  e que aprendan a expresarse e a trasmitir os seus coñecementos, pensamos que este libro de Cela era moi axeitado. A Posta en común do libro realizouse o 3 de novembro FOTOS  Nesta sesión os alumnos fixeron un percorido xeográfico, científico, social e cultural polo Norte de España ao mesmo tempo que analizaban o estilo de Cela nesa obra. Como actividades complementarias os alumnos realizan un Monográfico  e aprende a realizar unha App con GeoAumentaty que lles permite preparar  unha visita didáctica, ou mesmo planificar unha viaxe que van a realizar coa súa familia. A ferramenta é ideal para programar viaxes de 1-4 días.

Monográfico

O libro "Xoel aprendeu a voar" de Marica do Campo, tivemos que dividir o grupo en 2 equipos porque eran demasiados. A primeira posta en común realizouse o 5 de decembro e a 2ª o 21 de decembro.  A estes dous grupos chamamoslle "Merlo Branco". Este libro da moito xogo para traballar cos alumnos por un lado a trama do libro e os personaxes e por outro os enigmas que Merlo Branco  lle propón a Xoel. A os alumnos gustoulles o libro e pareceulles interesante. Como actividades complementarias os alumnos teñen que realizar unha App do libro para  a biblioteca así antes de lelo calquera alumno pode votarlle unha ollada. Outra actividade é que os alumnos en grupo de 2 teñen que propoñer un enigma para que realicen os seus compañeiros. Os mellores serán elexidos para  resolver na Gymkana que imos realizar na biblioteca do centro os alumnos de 1º e 2º de ESO

"Escarlatina" de Ledicia Costa,  Foi o outro libro lido, aos alumnos resultoulles moi divertido, mestura o mundo real co fantástico, os alumnos describían algunhas esceas como se se tratase dunha película.  O grupo que leu este libro chámase provisionalmente "Escarlatina" ata que presenten o seu logo que poderán cambiar o nome. Este grupo realizará como actividades complementarias a App do libro e un libro de receitas "As miñas recitas favoritas" na que cada alumno do grupo escribirá a receita caseira que mais lle gusta (da aboa ou da súa familia)

  "As miñas receitas favoritas"

 

O Misterio das badaladas de Xabier Docampo , a posta en común tivo lugar o 26 de xaneiro, nela ademais dun grupo de 1º tamén participou unha nai Isabel Fuentes, que xa non é a primerira nin a segunda que participa nas actividades do CLUB de LECTURA  do Centro, as súas aportacións , como dician Elisa e Marisa son sempre interesantes.

Aos rapaces gustoulles o libro " Eu non podía parar de leelo!!", "acabeino en dou días!! porque estaba desexando saber que tocaba a badalada número 13" Os alumnos estableceron un paralelismo co libro " Xoel aprendeu a voar" . Como actividade complementarias os alumnos están a facer enigmas, a verdade é que ao día seguinte xa trouxeron varias propostas. Antes do antroido publicaremos algúns deses traballos. 

 Enigmas

 

No 2º trimestre os alumnos cambiaron os libros,  gustaron tanto no 1º trimestre que  o que fixemos foi darllo a ler a outro Grupo.

O Misterio das badaladas de Xabier Docampo 

"Escarlatina" de ledicia Costas

Xoel aprendeu a voar" de Marica do Campo

 

Os alumnos de 1º  ( case 40) Leron dous libros e ademais de participar na posta en común quixemos poñer a proba o seu inxenio como o fixera nos libros lidos "O Merlo Branco" en "Xoel aprendeu a voar" ou "O Xuiz"  "O misterio das 12 badaladas". propuxemoslle as seguintes actividades:

Actividade 1 

Actividade 2

Actividade 3 

Os alumnos de 2º leron  " La playa de los cristales rotos" estamos pendientes de realizar la puesta en común, ya que el viernes hubo deporte y no nos dió tiempo a realizarla.

Distribuir contido


by Dr. Radut