Skip to Content

Primeira reunión... por fin!

O pasado xoves 11 de febreiro tivemos a primeira reunión do Club de lectura que foi adiada en varias ocasións pola alta incidencia do COVID-19 en Cerceda. 

Precisamente debido a este motivo a xuntanza xa versou sobre a totalidade da obra de lectura proposta: El niño en la cima de la montaña, de John Boyne. 

Tratamos múltiples aspectos de interese da obra: partindo do horror da guerra pasamos pola amizade, a familia, a violencia de xénero, a culpa, os referentes que temos, etc. sen esquecernos de facer notar as diversas referencias bibliográficas do texo (Oliver Twist, de Charles Dickens; As viaxes de Gúlliver, de Jonathan Swift; ou o anterior título deste mesmo autor, El niño con el pijama de rayas).

Por último, acordamos o seguinte libro do club, tendo en conta que preferían libros de temática relacionada coa guerra: El lector de Julio Verne, de Almudena Grandes.

Resultado de imaxes para: el niño en la cima de la montaña

 



story | by Dr. Radut