Skip to Content

CLUB DE LECTURA 2017-18

Este ano o CLUB DE LECTURA realízase cos alumnos divididos en varios equipos cada equipo ten o seu logo e nome, provisionalmente cada grupo ten un nome ainda que os alumnos poden cambialo cando presenten o seu logo. 

Empezamos lendo o libro de Cela "Del Miño al Bidasoa" con esta lectura pretendíamos que os alumnos viran un libro de viaxes  e que aprendan a expresarse e a trasmitir os seus coñecementos, pensamos que este libro de Cela era moi axeitado. A Posta en común do libro realizouse o 3 de novembro FOTOS  Nesta sesión os alumnos fixeron un percorido xeográfico, científico, social e cultural polo Norte de España ao mesmo tempo que analizaban o estilo de Cela nesa obra. Como actividades complementarias os alumnos realizan un Monográfico  e aprende a realizar unha App con GeoAumentaty que lles permite preparar  unha visita didáctica, ou mesmo planificar unha viaxe que van a realizar coa súa familia. A ferramenta é ideal para programar viaxes de 1-4 días.

O libro "Xoel aprendeu a voar" de Marica do Campo, tivemos que dividir o grupo en 2 equipos porque eran demasiados. A primeira posta en común realizouse o 5 de decembro e a 2ª o 21 de decembro.  A estes dous grupos chamamoslle "Merlo Branco". Este libro da moito xogo para traballar cos alumnos por un lado a trama do libro e os personaxes e por outro os enigmas que Merlo Branco  lle propón a Xoel. A os alumnos gustoulles o libro e pareceulles interesante. Como actividades complementarias os alumnos teñen que realizar unha App do libro para  a biblioteca así antes de lelo calquera alumno pode votarlle unha ollada. Outra actividade é que os alumnos en grupo de 2 teñen que propoñer un enigma para que realicen os seus compañeiros. Os mellores serán elexidos para  resolver na Gymkana que imos realizar na biblioteca do centro os alumnos de 1º e 2º de ESO

"Escarlatina" de Ledicia Costa,  Foi o outro libro lido, aos alumnos resultoulles moi divertido, mestura o mundo real co fantástico, os alumnos describían algunhas esceas como se se tratase dunha película.  O grupo que leu este libro chámase provisionalmente "Escarlatina" ata que presenten o seu logo que poderán cambiar o nome. Este grupo realizará como actividades complementarias a App do libro e un libro de receitas "As miñas recitas favoritas" na que cada alumno do grupo escribirá a receita caseira que mais lle gusta (da aboa ou da súa familia)

  "As miñas receitas favoritas"

 

O Misterio das badaladas de Xabier Docampo , a posta en común tivo lugar o 26 de xaneiro, nela ademais dun grupo de 1º tamén participou unha nai Isabel Fuentes, que xa non é a primerira nin a segunda que participa nas actividades do CLUB de LECTURA  do Centro, as súas aportacións , como dician Elisa e Marisa son sempre interesantes.

Aos rapaces gustoulles o libro " Eu non podía parar de leelo!!", "acabeino en dou días!! porque estaba desexando saber que tocaba a badalada número 13" Os alumnos estableceron un paralelismo co libro " Xoel aprendeu a voar" . Como actividade complementarias os alumnos están a facer enigmas, a verdade é que ao día seguinte xa trouxeron varias propostas. Antes do antroido publicaremos algúns deses traballos. 

 Enigmas

 

No 2º trimestre os alumnos cambiaron os libros,  gustaron tanto no 1º trimestre que  o que fixemos foi darllo a ler a outro Grupo.

O Misterio das badaladas de Xabier Docampo 

"Escarlatina" de ledicia Costas

Xoel aprendeu a voar" de Marica do Campo

 

Os alumnos de 1º  ( case 40) Leron dous libros e ademais de participar na posta en común quixemos poñer a proba o seu inxenio como o fixera nos libros lidos "O Merlo Branco" en "Xoel aprendeu a voar" ou "O Xuiz"  "O misterio das 12 badaladas". propuxemoslle as seguintes actividades:

Actividade 1 

Actividade 2

Actividade 3 

Os alumnos de 2º leron  " La playa de los cristales rotos" estamos pendientes de realizar la puesta en común, ya que el viernes hubo deporte y no nos dió tiempo a realizarla.



page | by Dr. Radut