Skip to Content

Último día

Hoxe rematamos as nosas reunións do Club de Lectura.

Como o libro resultaba un tanto difícil para o alumnado decidimos volver organizar unha sesión de xogos para facerlles máis doada a comprensión de determinados feitos que acontecían na historia e tamén para premiar a súa fidelidade (pois seguiron aí malia as adversidades provocadas pola pandemia).

Repetimos máis ou menos o esquema da sesión anterior se ben con actividades diferentes que abranguían varias capacidades e destrezas:

  • actividade física (levar a un compañeiro/a á carretilla)
  • manualidades (realizar unha construción con pezas magnéticas, montar un medio de comunicación a distancia básico)
  • capacidade espacial (orientarse entre obstáculos e sen visibilidade)
  • capacidade visual (localizar elementos alleos nunha serie de obxectos)
  • capacidade olfactiva (recoñecemento de olores)
  • capacidade táctil (recoñecemento de obxectos)
  • musicalidade (entoar unha canción)
  • xogos de palabras (crear novos termos a partir dunhas palabras dadas)
  • memoria (unir parellas de nomes)

A verdade é que o pasamos moi ben e quedamos con bo sabor de boca para o verán.

O curso que vén será sen dúbida mellor, ese é o noso compromiso.

Grazas a todos por participar.

  

 

     

 



story | by Dr. Radut