Skip to Content

Xincana

Onte tivemos unha nova sesión do club, pero nesta ocasión cambiamos as palabras polos xogos. Así, o alumnado participou por equipos nunha xincana baseada na lectura programada. 

Os xogos foron de diversa índole, pero todos funcionaron moi ben:

  • manualidades (elaboración de trenzas, ensartar tapas para facer unha cadea, crear unha imprenta manual)
  • capacidade visual (palabras cruzadas, ilusións ópticas)
  • capacidade olfactiva (recoñecemento de olores)
  • capacidade táctil (recoñecemento de obxectos)
  • comprensión de mensaxes diversas (a través das mans, a través de alcumes)
  • memoria (completar ocos, ordenar pasaxes do libro)

 Para deixar constancia aquí vos mostramos algunhas imaxes da tarde.

 



story | by Dr. Radut