O NOSO COLE

R/Bandaseca s/n   15940-A Pobra do Caramiñal (A Coruña)    tfno: 881866847     e-mail: cep.salustiano.rey.eiras@edu.xunta.gal

CIRCULAR INICIO CURSO 24-25

Iniciamos o  curso 24/25. No arquivo adxunto poden atopar a CIRCULAR DE INICIO DE CURSO 24-25.

O horario das clases é de 8:55 a 13:55 h. e o de secretaría de 9 a 14.

Recordamos que o 16 de setembro é festivo local (luns de Nazareno). O 17 retomamos as clases no horrio habitual.

Temos no centro un número importante de sudaderas e cazadoras que deixan os nenos desde o curso pasado. Se alguén botou en falta algunha prenda poden pasar polo cole para ver si a atopan. No mes de outubro  as donaremos a algunha organización.

Recomendamos que si poden identifiquen a roupa, asi como os tapers das merendas, son moitos os nenos e nenas que logo non as atopan.

MADRUGA - COMEDOR

Un ano máis, dende o concellaría da Igualdade, poñen á disposición das familias o Servizo de Madruga e Comedor.
 
Vos achegamos a Ficha de Inscrición. Esta ficha debe ser entregada ao monitorado totalmente cuberta e asinada para poder facer uso do servizo. As familias tamén poden entregar a ficha de inscrición na oficina de rexistro do concello ou pola Sede Electrónica. A ficha debe estar entregada no momento en que a nena ou neno fai uso do servizo.
 
Dende o mércores 11 haberá unha monitora cubrindo o servizo de madruga e o servizo de comedor.
 
Respecto ao prezo público, non varía respecto do ano pasado salvo o prezo dos días soltos:
Mes completo
16 € --> Máis de 1 hora
12 € --> 1 hora
Medio mes
12 € --> Máis de 1 hora
8 € --> 1 hora
Días soltos
2 € día/hora
2,5 € día/máis dunha hora

INICIO CURSO ESCOLAR 24/25 - LISTAS MATERIAL

As clases comezarán o vindeiro mércores 11 de setembro no horario habitual de 8:55 h. a 13:55 h. Haberá servizo de transporte escolar e de madrugadores e comedor. Desde a ANPA BANDASECA están traballando para asegurar estes servizos polo que aqueles que o vaian necesitar desde o primeiro día se poñan en contacto con eles a través do correo anpabandaseca@gmail.com ou por whatsapp (634964175) con data límite do luns 9 de setembro.

O primeiro día poden acceder os pais ao recinto. O alumnado de 3º a 6º esperará no pavillón ou pistas e os de 1º e 2º nas pirámides. Os últimos en entrar serán os alumnos de 1º. O día anterior (martes 10 ás 10:30)as titoras e profesorado de 1º nivel realizarán unha reunión coas familias na biblioteca.

Nas saídas as familias de 1º e 2º poden achegarse ata as pirámides a recoller aos alumnos. Sairán uns minutos antes para evitar aglomeracións co resto de alumnado. As coidadoras do bus tamén recollen a estes de 1º e 2º nas pirámides.

Nas saídas as familias de alumnado de 3º a 6º é convinte que accedan ao recinto ó longo de toda a rúa, desde o portalón ata as pirámides esperando nas beirarrúas para deixar o centro da calzada ao alumnado e evitar tapóns na zona do portalón.

Deixamos nos arquivos adxuntos os listados de material por niveis, os que faltan iremos colgando nos vindeiros días. Sempre que se pida hai que aproveitar o que tiñan do curso pasado.

 

HORARIO MES DE XULLO

O horario de atención a secretaría  será  no mes de xullo de 11 a 13 h.

Poden contactar connosco no telefono 881866847 de 9 a 14 h.

LIBROS DE TEXTO 24/25

Libros de texto 24-25 no arquivo adxunto.

AXUDAS ESCOLARIZACIÓN DO CONCELLO CURSO 24/25

Convocatoria das axudas de escolarización para a escolarización de material e comedor escolar o próximo curso 2024-2025 . 
O prazo de presentación comeza o día 25 de xuño e rematará o 19 de xullo.
Poderán beneficiarse destas axudas todas aquelas persoas que cursen estudos de Ed. infantil, primaria, ESO da Pobra que formen parte de familias con problemática socioeconómica e cumpran os requisitos que se establecen na convocatoria.
As solicitudes deberán cumprimentarse no impreso oficial que se facilitará na departamento de Servizos Sociais do Concello (está no arquivos adxuntos) e necesitase un certificado de matricula que hai que expedir no centro (tamén está no arquivo adxunto).
Máis información nas oficinas de Servizos Sociais no telefono 981 832764 - ext 4
Deixamos como arquivos adxuntos a Resolución do decreto das axudas,  o modelo de solicitude, a autorización de datos da AEAT e o modelo de certificado do centro

OBRADOIRO CONCILIACIÓN DE VERÁN MOVETE 2024



A Concellaría de Igualdade pon a disposición das familias o Obradoiro de Conciliación de Verán Móvete 2024 que se levará a cabo dende o 24 de xuño ao 10 de setembro (ambos incluidos) no CEPP Salustiano Rey Eiras. 
Hai algúns cambios respecto a anos anteriores, polo que é recomendable ler as bases e preguntar calquera dúbida que teñades.
O prazo de Solicitude de admisión remata o 30 de maio e as solicitudes (xunto coa documentación obrigatoria e complementaria) deberán entregarse de forma presencial na oficina de rexistro do concello ou, para quen lle sexa máis cómodo, a través da sede electrónica.
A lista provisional de persoas admitidas publicarase o 6 de xuño.
Do 6 ao 12 de xuño realizarase o pago a través de transferencia bancaria
O 14 de xuño sairá publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e a listaxe de agarda
Nos arquivos adxuntos deixamos a ficha de Inscrición, as bases da convocatoria e o cartel
Podedes preguntar as vosas dúbidas chamando ao 981 83 27 64 (ext. 6) ou escribindo a igualdade@apobra.gal
 

MATRÍCULA 1º - CURSO 24/25

O prazo de matricula oficial é do 20 ao 30 de xuño e o prazo para solicitar as axudas de libros e de material escolar esta aberto desde o 21 de maio ata o 21 de xuño.

Co fin de facilitar trámites para as matrículas de alumnado de 1º nivel poden deixar XA a documentación de matrícula cando veñan a traer a  solicitude de libros e material:

Documentación:

  • Instancia de matrícula curso 24/25.
  • Fotocopia DNI dos pais ou titores legais. 
  • Fotocopia de todas follas do libro de familia. 
  • Fotocopia da cartilla da Seguridade Social ou equivalente. 
  • Fotocopia da cartilla de vacinacións ou informe médico sanitario.
  • Dúas fotografías tipo carné. 
  • Certificado de empadroamento, só si van usar o transporte escolar. 

 

Se faltara algún documento, poden aportalo posteriormente.

Información sobre axudas libros texto:

páxina da xunta:https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 24/25

Publicadas as axudas de libros e material. Prrao ata o 21 de xuño.

 

Distribuir contido