OBRADOIRO CONCILIACIÓN DE VERÁN MOVETE 2024



A Concellaría de Igualdade pon a disposición das familias o Obradoiro de Conciliación de Verán Móvete 2024 que se levará a cabo dende o 24 de xuño ao 10 de setembro (ambos incluidos) no CEPP Salustiano Rey Eiras. 
Hai algúns cambios respecto a anos anteriores, polo que é recomendable ler as bases e preguntar calquera dúbida que teñades.
O prazo de Solicitude de admisión remata o 30 de maio e as solicitudes (xunto coa documentación obrigatoria e complementaria) deberán entregarse de forma presencial na oficina de rexistro do concello ou, para quen lle sexa máis cómodo, a través da sede electrónica.
A lista provisional de persoas admitidas publicarase o 6 de xuño.
Do 6 ao 12 de xuño realizarase o pago a través de transferencia bancaria
O 14 de xuño sairá publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e a listaxe de agarda
Nos arquivos adxuntos deixamos a ficha de Inscrición, as bases da convocatoria e o cartel
Podedes preguntar as vosas dúbidas chamando ao 981 83 27 64 (ext. 6) ou escribindo a igualdade@apobra.gal
 
AdxuntoTamaño
ANEXO I FICHA DE INSCRICIÓN.pdf166.04 KB
20240520_Outros_Bases Convocatoria Obradoiro de Verán, Móvete 2024-2.pdf210.47 KB
Cartel Obradorio de Verán Móvete 2024.pdf338.77 KB