CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Blogues

ARTS: CARS

Hello!!! How are you? The Teacher Montse and the Teache Vero send you some songs os Super Simple songs

Ola!!! Como estades? A profe Montse e a profe vero enviánvos algunhas cancións

Make a car with recycled materials (roll toilet paper, lids,...)

Fai un coche con material reciclado (rolo de papel hixiénico, tapas,...)

 Podedes mandar as fotos dos vosos traballos ao correo

plurilinguecaselles@gmail.com 

Actividades Relixión

 

Ola chic@s: xa estamos en xuño e falta pouco pra remata-lo curso!!!

Nestes días estaríamos de TURONIA, SAÍDAS, ... COÑECERÍAMOS-RELACIONARÍAMONOS CON OUTR@S ALUMN@S DOUTROS COLEXIOS, MESTRES E OUTRAS PERSOAS.

Este domingo pasado - 31 de maio-, a Igrexa celebrou PENTECOSTE: a chegada do Espíritu Santo os apóstoles e María. Eles a partires dese día cambiaron a tristeza en alegría, o medo en valentía, ... e empezaron a contar-levar a mensaxe de Xesús a tódo-los pobos do Mundo.

Esta semana:

1.- Escoitamos unha canción: "Somos un pueblo de muchos colores" https://www.youtube.com/watch?v=t0wmvuWP3Uk 

2.- Vemos un video: "Pentecostés, y La Casa del Espíritu Santo" e facemos a actividade que hai nel explicada (a Casa do Espíritu). Está no enlace: https://www.youtube.com/watch?v=aONS-HqeFa4

 

Graciñas, Carmen.

 

PT: MÍNIMO COMÚN MÚLTIPLO E CHISTES CORTOS

*Minimo común múltiplo. De "mundo primaria".

*Chistes cortos para nenas e nenos . De "mundo primaria".

AL: PALABRAS ENCADEADAS

*Palabras encadeadas. De "Orientación Andujar".

*Xogo interactivo con imáxenes. Parte 1. De "SoyVisual".

*Xogo interactivo con imáxenes. Parte 2. De "SoyVisual".

*Xogo de cociencia silábica. Del blog "Un mar de palabras".

*Palabras encadeadas, recorta e pega . De "Orientación Andujar".

Novas tarefas alumnado de 4ºA. Carmen Lago

O luns é o día dos Océanos.

Entrades nesta páxina: http://www.cadernoverde.gal/merenda-marina/

Tedes víideos e actividades da familia Trebón.

-Briks de zume.

- Mapa do tesouro.

- Animais en perigo polo plástico.

- Protexendo as aves.

- Os restos da merenda.

"LOITA"

Ola a todos e todas. Sabedes que a final de curso sempre practicamos a actividade de loita que é super divertida.

Aquí vos deixo un vídeo feito por compañeiros e compañeiras do noso cole. 

Desexo que vos guste e practiquedes estes xogos tan divertidos.

MOITÍSIMAS FELICIDADES!

Onte foi un día moi especial para dúas das nosas compañeiras, Nerea e Leila estiveron de cumpleRisa

Como podedes ver celebrárono con dúas exquisitas tartas, que ricas!!!

Dende aquí, queremos desexarvos 

MOITAS FELICIDADES!!!

 

 

TAREFAS XOVES, 4 DE XUÑO

Bo día!

Hoxe presentámosvos varias actividades. Non vos agobiedes, son cortiñas!

En primeiro lugar comezamos con Matemáticas. Nesta actividade traballaremos as unidades de medida. Debedes responder que unidades de medida empregaríades para medir o tempo, o diñeiro, o peso...É moi sinxelo, pois estas unidades empregádelas a diario!

 

Unha vez rematada esta pequena tarefa, proponémosvos unha actividade de Plástica en familia. A través deste exercicio descubriredes que membro da familia é máis creativo xa que consiste en crear un debuxo a partir dun trazo. Moi divertido, xa veredes!

E para o final deixamos o mellor! Álex preséntanos a súa tartaruga Dona, trátase dunha tartaruga de terra rusa, a través da cal aprenderemos multitude de curiosidades sobre este réptil.

Interesantísimo!!!Risa

Agora, como todos os xoves, propoñémosvos un desafío. O voso compañeiro di no vídeo que Dona hiberna...Con respecto a isto, tócavos responder ás seguintes preguntas.


Tedes ata o luns pola mañá para entregar o desafío!!!

Matemáticas e Plástica enviádenolas hoxe, acabaredes en nada.

Recordarvos que ás 12 tedes videochamada ca profe de música, é a última, así que intentade estar todos.

Feliz Xoves!!!!

 

4B teléfono escacharrado

ARCO DA VELLA: "ELMER"

Distribuir contido