CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Blogues

ARCO DA VELLA: "ELMER"

Conto adaptado con pictogramas.

 * Facemos os noso propio Elmer.

CRIATURAS FANTÁSTICAS

Aquí tedes as vosas magníficas creacións. Seres incribles e super orixinais que tomaron vida nas vosas casas. 

Sen mercar ningún material creastes criaturas marabillosas. Moitas felicidades!RisaRisa

Como podedes ver, nesta publicación, presentámosvos ó monstruito de Noa R., se clicades sobre el accederedes a todos os traballos. Animámosvos a velos, son xeniais!

Ademais, se vos apetece ler algunha descrición, simplemente, tedes que ampliar o collage.

Moi bo traballo!

4B

4B xeometría II

TAREFAS MARTES, 2 DE XUÑO

Bo día!!

Hoxe temos videochamada, como xa vos dixemos, haberá dous grupos, un ás dez e outro ás once. Cada un de vós xa sabe cal é o seu grupo.

Durante esta videochamada traballaremos Ciencias Sociais. Para iso, os materiais que precisaredes son os seguintes:

- Libro de Ciencias Sociais.

- Se tedes impresora, imprimir as fichiñas que se recollen debaixo.

Feliz Martes!!!

TAREFAS MARTES 2 XUÑO

Boas!

As tarefas de hoxe son as seguintes:

  • Caderniño LEO 10 (Castelán) - Lectura MI PASEO FAVORITO

 

  • Caderniño LEO 11 (Castelán) - Páxinas 27 e 28. Consello da páxina 28: Os debuxos e o coloreado hai que facelo amodo e ben.

Unha vez feitas as tarefas, facédelas chegar ao noso correo.

Bo día!

DESPEDÍMONOS

Bo día!

Dende a biblioteca queremos despedirnos ata o vindeiro curso. Pero antes queriámonosvos agradecer a todos, alumnos, familias e profes, a vosa implicación e participación en todas as actividades.

Debido a estas circunstancias excepcionais quedaron moitas actividades no tinteiro, pero prometémosvos que as retomaremos, con máis ganas que nunca, en Setembro.

Para poñer o broche de ouro a este particular curso, deixámosvos un magnífico vídeo realizado por Carla de sexto xunta a súa irmá María, de segundo, a proposta da profe de música. Trátase dunha versión dun preguntoiro musical adaptado por elas mesmas, a través do cal, coñeceredes, un pouco máis a figura de Ricardo Carvalho Calero, escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas.

Este é só un exemplo das marabillosas actividades que realizastes, dende os vosos fogares, durante este período.

E xa por último, propoñervos de cara ó verán, que vos sumerxades na lectura dun bo libro, a través deles faredes viaxes incribles.

Esperámosvos en Setembro!!

Radio Uncas na casa 5

Bos días a todas e todos! Como cada luns aquí vos traemos un novo programa de Radio Uncas na casa. Neste caso o alumnado de 4ºB presenta un programa cargadiño de cousas co que despediremos a radio ata o curso que ven. Moitísimas grazas a todos os participantes e locutores/as e tamén a todas e todos os oíntes, agardamos que disfrutárades destes fantásticos programas. Bo verán!
 
 
 
 
Alumnado de 4ºB
"Miña casiña meu lar"
 
 

ARCO DA VELLA: CAMIÑOS.

 

 

Distribuir contido