CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Blogues

1º VISITA O MUSEO DE PONTEVEDRA

Este venres, día 10 de febreiro, 1º curso fixo  unha saída didáctica á cidade de Pontevedra.  Visitamos o museo acolléndonos ao programa da Deputación “Coñece o Museo” e máis concretamente á actividade “De nómades a sedentarios”.

Nenos e nenas fixeron un percorrido guiado polas salas dedicadas a prehistoria e historia antiga de Galicia. Desfrutaron e aprenderon moitísimo, preguntando e respondendo a preguntas que lles facía Sergio, o noso guía.

Ao remate desta actividade, e aproveitando unha soleada mañá, estiveron xogando no parque da praza de Barcelos.Un día redondo para todos!!!

Esta saída foi totalmente subvencionada pola Deputación.

Para ver as fotos do día preme na imaxe.

DÍA DA PAZ 2017

Hoxe no CEP Pedro Caselles fixemos un pequeno acto para celebrar o día da Paz. Xuntámonos todos no ximnasio, por mor da choiva, para realizar unha interpretación musical coa letra, adaptado, dun poema de Gloria Fuertes. Fixéronno fantásticamente ben!

Tamén, na hora do patio, emitiuse o programa de Radio Escolar relacionado con esta conmemoración.

Facede clic na imaxe para ver tódalas fotos!

 

 

TRABALLAMOS COS ALIMENTOS

Hoxe nenos e nenas de 4ºA estiveron aprenderon sobre os alimentos dunha forma diferente. A clase dividiuse en tres grupos, cada grupo tivo que investigar sobre o tipo de alimentos que lle correspondeu para despois plasmar nun mural os resultados.Para ver as fotos premer na imaxe.

FESTIVAL DE NADAL 2017

E despois do parón do curso pasado, retomamos a "normalidade",  e este ano voltamos ao noso xa tradicional festival de Nadal.

Este ano aproveitamos as presentacións do Festival para que nenas e nenos aprenderan un pouquiño máis da prehistoria e dos nosos antepasados, para ir entrando xa no tema do proxecto deste ano, que xirará entorno a arte rupestre e a prehistoria.

 

VIDEOS DO FESTIVAL

 

 

Se queredes ver as fotos da xornada premede na imaxe.

CELEBRANDO O NADAL

Para celebrar estas festas os nenos e nenas do Caselles estivemos facendo uns preciosos beléns e uns móviles de nadal na clase de relixión. Premede na imaxe para ver as fotos e comprobar o bonitos que nos quedaron!

PLENO INFANTIL POLOS DEREITOS DO NENO

Cinco nenos de 6ºB do CEP Pedro Caselles acompañados da súa titora, participaron este venres no Pleno Infantil organizado polo concello de Tomiño con fin de conmemorar o Día Internacional da Infancia  e o aniversario da Convención sobre os Dereitos  do Neno.
Todos os colexios e o instituto de Tomiño enviaron a súa representación a este acto. Ao Pedro Caselles tocoulle a defensa do dereito á participación. Todo o alumnado de 6º B se implicou na investigación e realización do traballo que se levou a pleno, aínda que so se permitiu acudir a unha pequena representación do curso.
 FOTOS

 

FESTA DO OUTONO: CROS, XOGOS POPULARES E MAGOSTO

Despois de aprazalo a causa da chuvia, este martes celebramos por fin a nosa festa do outono. O día axudou cun clima inmellorable.

Comezamos a xornada co xa tradicional Cros Solidario do Outono, este ano a recadación será para mellorar a nosa recén estreada aula de informática. Preme na foto para ver as imaxes:

 

 

Despois xogos populares: peóns, canicas, petanca, chave,... e as fogueiras para asar as castañas, cos nenos e nenas de 6º como monitores, aos que felicitamos pola gran labor realizada.

Preme na imaxe para ver tódalas fotos:

 

 

 

PROXECTO RÍOS: ESTUDO DA CALIDADE DA AUGA

Hoxe nova saída de nenas e nenos de 6ºB ao río Pego. Esta saída forma parte do Proxecto Ríos, e xa é a segunda deste curso.

Se a primeira se adicou a limpeza do "noso"tramo do río Pego desta vez o noso alumnado fixo unha inspección da zona. Contaron para este traballo coa axuda e guía de Paco Bañobre de ADEGA que lles ensinou a nenos e nenas, entre outras moitas cousas, como analizar  a calidade das augas do río Pego, e polos macroinvertebrados atopados saíu unha calidade de 9 sobre 10, non está mal!

Tamén pescudaron e atoparon que a temperatura da auga era de 15º, que os niveis de osíxeno e nitróxeno eran os correctos e que abundaban moitas especies de invertebrados por este outono tan quente que estamos tendo.

Xornada de proveito, e unha forma diferente e activa de aprender cousas!

Para ver tódalas fotos preme na imaxe

PROXECTO RÍOS: IX LIMPEZA SIMULTÁNEA

O venres 30 de setembro nenas e nenos de 6ºB, acompañados de Susana e Alfonso, realizaron unha andaina polas beiras do Pego para facer unha limpeza do río. Esta actividade forma parte da participación do noso centro no Proxecto Ríos, concretamente na IX Limpeza Simultánea. Esta actividade serve para concienciar a nenos e maiores da importancia do coidado do medio ambiente e sobre todo da auga doce A limpeza rematou cunha recollida de 65 kg de lixo.

Para ver máis fotos fai click enriba das imaxes.

 

Distribuir contido