CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Blogues

MOITAS FELICIDADES!!!!

Este pasado venres o noso compañeiro Yago estivo de aniversario, dende aquí, queremos desexarlle

MOITAS FELICIDADES!!!Risa 

 

 

CREANDO EN FAMILIA!!!

A continuación, amosámosvos os resultados da actividade de Plástica, "Creando en familia". Veredes que son moi diferentes, algúns empregastes a plantilla que vos presentamos mentres outros elixistes algúns trazos e fixestes grandes debuxos. 

Independientemente do resultado, vemos que tanto vós como as vosas familias deixastes voar a imaxinación para crear debuxos estupendos. 

Debaixo, presentámosvos o magnífico traballo de Vera e a súa familia. Se clicades sobre el podedes acceder a todos os demais.

Moi bo traballo!!!!

TAREFAS LUNS, 8 DE XUÑO

Bo día! Que tal? Como pasastes a fin de semana?Esperamos que desfrutárades moito destes días libres.

Como ben sabedes o venres foi o Día Mundial do Medio Ambiente e hoxe celebramos o Día Mundial dos Oceános.

 

Celebracións moi importantes que nos fan reflexionar sobre as nosas actuacións e comportamentos. Pensemos por uns segundos:

Contribuimos no noso día a día a reducir a contaminación? Que facemos para conseguilo?

A continuación, deixámosvos un vídeo, que resume como o ser humano modificou o planeta. Algúns xa o vistes no taller de informática e reciclaxe pero para os que non tivestes a oportunidade dedicádelle uns minutos.

O segundo está moi relacionado ca celebración de hoxe, pois trata sobre a contaminación da auga e  como actuar para reducila. Moi interesante, xa veredes.

Unha vez vistos os vídeos, proponémosvos a seguinte actividade de Ciencias. Sabedes que a semana pasada, pedímosvos que sacarades unha foto a unha paisaxe natural que vos gustase, pois ben, clicade sobre Ciencias para saber en que consiste a tarefa que debedes facer. 

Ó rematar Ciencias centrámonos en Matemáticas, onde practicaremos as unidades de medida, multiplicacións, divisións, restas e repasaremos diferentes figuras.  

Se algún necesita recordar como eran as liñas, círculo e circunferencia, que se fixe nas seguintes imaxes. 

E ata aquí, o traballo por hoxe.

Moi bo día!!!

 

Tarefas do 8 de xuño ao 16 xuño

Boas!

Tal como informamos publicaremos aquí a relación de tarefas a realizar polos nenos e nenas no que queda de curso:

Luns - 8 xuño

  • Caderniño LEO 11 - Páxinas 33 e 34 (Castelán)     

                                      - Páxina 35 (Galego) Repasar, oralmente, as palabras antes de que realicen os exercicios, procurando que sexan eles que volas digan primeiro: parasol, caldeiro, bufanda, mangueira, raqueta, queixo, paxariño, paquete ou agasallo, papaventos, tractor e bolboreta.

 

  • Matemáticas - LIVEWORKSHEETS. Clic AQUÍ.  - Formato PDF. Clic AQUÍ.

Martes - 9 xuño

 

  • Caderniño LEO 11 - Páxina 36 (Galego)    

                                      - Páxinas 37 e 38 (Castelán)  (Trampolín leva acento gráfico)

 

  • Caderniño LEO 10 - Lectura CUANDO BRILLA EL SOL (Castelán)

 

Mércores - 10 xuño

 

  • Caderniño LEO 11 - Páxinas 39 e 40 (Castelán) Na primeira oración do exercicio de ordenar e escribir falta unha palabra: y.

 

  • Matemáticas - LIVEWORKSHEETS. Clic AQUÍ.  - Formato PDF. Clic AQUÍ.

Ollo! Aquí se facedes o exercicio do gráfico, por LIVEWORKSHEETS, ao non poder encher con cor o número de froitas que o representa; marcades cunha X por cada cadrado ata chegar o número real. Exemplo: Se son 6 amorodos, terei que marcar os cadrados do 1 ao 6 cunha X.

E no de rodear as posicións indicadas tamén marcades una X, no seu lugar correspondente.

Xoves - 11 xuño

  • Caderniño LEO 11 - Páxinas 41 e 42 (Galego) (Plátano leva acento gráfico)

 

  • Caderniño LEO 10 - Lectura O XARDÍN DA MIÑA AVOA (Galego)

Luns - 15 xuño ou 16 de xuño

  • Entrega e/ou recollida de material na aula.

 

  • Caderniño LEO 10 - Lectura LAS JIRAFAS (Castelán)

 

  • Matemáticas - LIVEWORKSHEETS. Clic AQUÍ - Formato PDF. Clic AQUÍ.

Se a facedes interactiva, no de rodear as posicións indicadas tamén marcades una X, no seu lugar correspondente.

PT: "SUXEITO/PREDICADO" E "MOEDAS"

 

*Actidades descargables en formato PDF. 

 

AL: FUNCIÓNS EXECUTIVAS

*Funcións executivas. Continua a serie. De Orientación Andujar.

*Funcións executivas. Copiando modelos. De Orientación Andujar.

*Funcións executivas. Cuaderno. De Orientación Andujar.

*Completo dossier de funcións executivas. De Orientación Andujar.

*Cuaderno de actividades de funcións executivas. De Orientación Andujar.

*Funcións executivas seguindo instrucións. De Orientación Andujar.

Actividades de inglés

Bos días:

Aquí tendes as fichas de AUTOCORRECCIÓN de inglés desta semana para CUARTO.

Saúdos.

Lola

Actividades de inglés

Bos días:

Aquí tendes as fichas de AUTOCORRECCIÓN de inglés desta semana de TERCEIRO.

Saúdos.

Lola.

Ficha autocorrección 4º

Good morning!

Aquí tedes a ficha de autocorrección de 4º (1-5 de xuño).

Have a nice weekend!Guay

 

Marga

 

Distribuir contido