TAREFAS LUNS, 8 DE XUÑO

Bo día! Que tal? Como pasastes a fin de semana?Esperamos que desfrutárades moito destes días libres.

Como ben sabedes o venres foi o Día Mundial do Medio Ambiente e hoxe celebramos o Día Mundial dos Oceános.

 

Celebracións moi importantes que nos fan reflexionar sobre as nosas actuacións e comportamentos. Pensemos por uns segundos:

Contribuimos no noso día a día a reducir a contaminación? Que facemos para conseguilo?

A continuación, deixámosvos un vídeo, que resume como o ser humano modificou o planeta. Algúns xa o vistes no taller de informática e reciclaxe pero para os que non tivestes a oportunidade dedicádelle uns minutos.

O segundo está moi relacionado ca celebración de hoxe, pois trata sobre a contaminación da auga e  como actuar para reducila. Moi interesante, xa veredes.

Unha vez vistos os vídeos, proponémosvos a seguinte actividade de Ciencias. Sabedes que a semana pasada, pedímosvos que sacarades unha foto a unha paisaxe natural que vos gustase, pois ben, clicade sobre Ciencias para saber en que consiste a tarefa que debedes facer. 

Ó rematar Ciencias centrámonos en Matemáticas, onde practicaremos as unidades de medida, multiplicacións, divisións, restas e repasaremos diferentes figuras.  

Se algún necesita recordar como eran as liñas, círculo e circunferencia, que se fixe nas seguintes imaxes. 

E ata aquí, o traballo por hoxe.

Moi bo día!!!