Skip to Content

2º de Primaria

ACTIVIDADES DE 1º e 2º DE ED. PRIMARIA PARA FACER NA CASA (COVID-19)

Estimadas familias:

Debido á suspensión das actividades lectivas por motivo do COVID-19, e seguindo as instruccións enviadas pola  Consellería de Educación, as titoras dos cursos de 1º e 2º de Ed. Primaria propoñemos as seguintes actividades para que o alumnado faga nas súas casas.

Así mesmo, remitímosvos aquí dous correos electrónicos, un para 1º de E.P. e outro para 2º de E.P. , nos que vos podedes poñer en contacto con nós para resolver dúbidas, enviarnos fotos de traballos xa rematados como o da poesía, debuxos...para ir facendo algún vídeo e colgalo para que o vexan o resto dos compis...

1º E.P. : 1curso.alegre.vista@gmail.com

2º E.P. : 2curso.alegre.vista@gmail.com

Durante o tempo que dure a supresión da actividade lectiva nos colexios, iremos actualizando as nosas propostas nas distintas áreas. 

  Un saudiño a tod@s.

 Premer nos enlaces para acceder as actividades:

1º CURSO ED.PRIMARIA 2º CURSO ED. PRIMARIA

       · Recursos de 1º abril 

       ·Recursos 1º, 2ª quincena de maio

       · Maio, propostas de lingua galega.

DESPEDIDA CURSO 2019-20: A NOSA PEQUENA HOMENAXE A TOD@S VÓS

  Rematou un curso diferente...ao longo destes meses reinventámonos tod@s: profes, alumnado e familias. Rematamos unha etapa sin festas de fin de curso, nin abrazos de despedida. Esperamos que nos servira para darnos conta do importante que é a familia, pero tamén os amig@s, as apertas, os bicos...en difinitiva, o contacto e a empatía social e emocional. 

   Felicitámosvos a tod@s, especialmente @s peques, polo traballo realizado, polo esforzo extra, polo valentes que sodes... e mentras comeza un verán cheo de incertidume de cara a unha nova etapa que comezaredes con moita ilusión o vindeiro curso, queremos, dende a nosa casa, mandarvos a nosa pequena homenxe a tod@s vós, por todos os momentos compartidos nestes dous cursos; as risas, os choros, as felicitacións e as riñas, as saídas e excursións, os días especiais, os xogos no patio, os contos da biblio...e tamén por todos eses momentos que nos quedaron por compartir e desfrutar. 

SODES UNS/UNHAS CAMPEÓNS/CAMPEONAS!!!! Adicado a todos os nenos e nenas de segundo e ás súas familias. Esperamos que vos guste: 

 
 

 

12ª SEMANA. ÚLTIMA SEMANA, CHEGAN AS VACACIÓNS

  Ola peques, chegamos á que sería a derradeira semana de cole na que estaríamos tod@s nervios@s preparando o festival de fin de curso, a semana de entrega das notas, de despedidas, de alegrías porque comezan as vacacións. 

  Esta semana non vos imos propoñer actividades novas, sabemos que xa estades cansos, pensando no verán e na praia. Ainda que hai que andar por ahí con moito sentidiño, xa apetece tomar un descansiño. Así, podedes ir rematando os cuadernillos interactivos que tedes adxudicados na páxina de Liveworksheets, entrando coa mesma conta de usuario e contraseña que tedes dende o principio. 

  Aqueles que queirades seguir repasando un pouquiño durante o verán podedes retomar calquera das propostas feitas ao longo destas semanas neste blog, xa que vos quedarán ahí colgadas para que volvades a elas cando queirades. Tamén vos deixamos un cuadernillo interactivo de repaso global para que, durante as vacacións, non olvidemos o que fumos aprendendo estes meses. 

 

 
 
 

Identificación de alumno/a

Usuario: 

Contraseña: 

Proporcionado por Live Worksheets

  A guía de recomendacións lectoras non podía faltar para o verán. Tamén está publicada no "Blog de Libruxa". Recordade que é moi importante a estas idades ler un pouquiño todos os días xa que favorece a comprensión lectora, o ritmo lector, a ortografía e, como non, a imaxinación e creatividade dos nos@s nen@s. 

    Queremos despedirnos de vós e desexarvos un moi bo verán. Disfrutade, divertídevos e para o ano empezaredes unha etapa nova e diferente. Tamén queremos agradervos ás familias a vosa comprensión nestas últimas semanas nas que vivimos unha chea de cambios aos que non estamos acostumados e na que tod@s, como profesionais e como familia, tivemos que reinventarnos e readaptarnos. Graciñas. 

 

11ª SEMANA. PROPOSTA DE 2º PRIMARIA

   Ola outra vez, unha nova semana despois deste pequeno festivo das festas. Cada vez queda menos e xa case está rematando o curso. Supoñemos que con este tempo de sol e agora que podemos saír un pouquiño máis xa non apetece moito poñerse a traballar, pero temos que intentar manter o ritmo de traballo e o repaso. Un pouco cada día, sin agobios nin prisas. Como vedes, nin o traballiño colgado en anteriores semanas, nin os cuadernillos interacitivos destas últimas, se van borrando. Siguen ahí para que se poidan retomar cando queirades. Incluso para repasar no verán. 

    Aquí vos deixamos a proposta de actividades para estes días que será un cuaderno interactivo de lingua galega. Simplemente aclararvos unha cousiña con respecto a algunhas fichas. Nesta ocasión apareceránvos algunhas actividades de escritura libre, como elaborar unha lista da compra, crear algunhas oracións, clasificar palabras, continuar unha historia, algunhas respostas ás lecturas... Nestes casos, as fichas están diseñadas como de "escritura libre", polo que esa parte non se autocorrixe cando lle dades a terminado. Revísámola nós cando entramos nos vosos cuadernillos, e si hai algo que correxir xa o escribimos na propia ficha, coma sempre. Na clase presencial, borraríase e volveríase a facer, xa que é algo natural do proceso de ensinanza-aprendizaxe, pero agora non fai falta que a volvades a facer, porque vos borra todo, si non queredes. Simplemente é para que vexades cal é o erro/fallo. 

 

 

Identificación de alumno/a

Usuario: 

Contraseña: 


Proporcionado por Live Worksheets

 

   A semana pasada propuxémosvos a actividade do ABRAZÓMETRO, que algúns xa fixéstedes e quedaron moi, pero que moi bonitos e orixinais. Esta semana, para aqueles que queirades deixar un pouquiño o ratón e o teclado do ordenador, e xogar coas vosas mans e unhas follas de papel deixámosvos algo de origami para que vos divirtades creando peixiños de diferentes maneiras: 

 

 

   Moooooooooi boa semana a tod@s!!!!!!!  Aquí vos deixamos tamén unha montaxe en formato libro con traballiños poéticos que nos fustes mandando. Así tamén aproveitamos un pouquiño para adicarlle tempo á lectura. Esperamos que vos gusten: 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut