Skip to Content

9ª SEMANA. PROPOSTAS 2º E.P.

    Ola peques, parece que xa empeza o bo tempo e hai ganas de saír a pasear un pouquiño, pero non debemos olvidarnos de seguir repasando o que aprendimos os meses pasados no cole. 

    A verdade é que, despois de varias semanas, se bota en falta a rutina diaria das clases, estar con vós todos os días, explicarvos, preguntar dúbidas, comprobar o ben que o vades facendo pouco a pouco, día a día, como vades mellorando e aprendendo e vos axudades uns a outros, os xogos, as risas, as pelexas tamén e as reconciliacións....que vos vou contar, o de todos os días. Agora estámolo vivindo de forma diferente, dende as nosas casas, a través dun ordenador, do móvil, da tablet...algo novo e distinto para todos nós. Por iso, vos queremos mandar os nosos ánimos e forzas, porque o estades facendo moooooi ben, traballando un pouquiño todos os días, co apoio e a axuda das vosas familias.

     Esta semana propoñémosvos unhas actividades un pouco diferentes e pensamos que máis motivadoras. Trátase dun caderno interactivo  onde non tedes que descargar ningunha ficha se non que teredes que facelas xa dende o ordenador, móvil ou tablet. Autocorríxense, polo que podemos observar onde nos equivocamos e correxilo, podemos facelas varias veces, cando queiramos, e o profe recibe á súa conta as vosas actividades feitas.

      Para poder acceder ao caderno interactivo tedes que introducir o nome de usuario e a contraseña que vos enviamos por whats app. Cada alumn@ ten a súa propia para acceder directamente ao caderno. As fichas vanse facendo pouco a pouco, ao voso ritmo e, ao final de cada ficha, danos dúas opcións : podemos rematala máis tarde, ou si xa rematamos, clicamos en "terminado" e automáticamente se autocorrixe. Se tivemos algún erro, podemos repetila de novo. Como son fichas elaboradas por diferentes profes e colgadas na aplicación de liveworksheets están prediseñadas baixo unha serie de especificacións, polo que a veces nos poden dar erros por un espacio, unha til, unha maiúscula...ainda que as palabras, oracións ou textos estean ben escritos, polo que non vos agobiedes por eso. Para escoitar os audios hai que usar safari ou chrome, xa que con outras aplicacións non se escoitan. 

   Pasos: 

  - Xa tedes o nome do usuari@ e o contrasinal, polo que o introducides nesta entrada abaixo onde pon Identificación do alumno/a. Unha vez introducido, clicades en entrar. 

  - Lévanos directamente á páxina de Liveworksheets e aparecerá na pantalla o caderno que tedes asignado de lengua castellana, clicades nel. 

   - Estades dentro do caderno. Arriba iranvos aparecendo as páxinas que ten. Clicades na páxina 1, facédela e dádeslle a "terminado". A ficha autocorríxese ela soa, si da erros podedes volver a facela, se non pasades á seguinte. 

   - Hai variedade de contidos: ortografía, gramática, lecturas comprensivas, ditados, separación de sílabas, vocabulario, tipos de palabras... 

     -  Non hai que gardar nada cando rematedes o traballo do día, ao darlle a "terminado" en cada páxina xa queda gardado. Podedes pechar a páxina sen problema ao rematar. 

   - Cando queirades volver a entrar, só tedes que volver a introducir o usuario e contrasinal ben dende esta entrada ou ben indo directamente á páxina de Liveworksheets: 

  https://es.liveworksheets.com/

  Arriba, á esquerda da pantalla apareceravos "acceso a alumnos", clicades e xa vos leva a "identificación de alumno/a". Escribides os vosos datos e listo. Xa estades no cuadernillo tal e como o deixástedes o día anterior. 

      

Identificación de alumno/a

Usuario: 

Contraseña: 

Proporcionado por Live Worksheets

 

   Aquí vos deixamos tamén uns enlaces a outras fichas e xogos interactivos que vos poden gustar. Animádevos!!! 

- 2 fichas para resolver cadrados máxicos:

 https://es.liveworksheets.com/us497796hv

 https://es.liveworksheets.com/tl499365dl

- Xogo de percepción visual: dúas escenas nas que están a pasar cousas moi raras. Queres descubrilas? Recoñece os diferentes absurdos visuais. Le as frases da marxe esquerda e relaciónaas coa imaxe correspondente. 

 

 

 

 

Moi boa semana a tod@s e esperamos que vos gusten as actividades!!!!!

 

 

 

 

 

 



blog | by Dr. Radut