Skip to Content

5º e 6º Primaria

STOP CONTAMINACIÓN!

Entrevista exclusiva

O alumnado de 5ºB remata esta avaliación ao grande: entrevistando á Raíña Isabel e ao seu Garda Real que acaban de realizar o Camiño de Santiago neste ano Xacobeo, o que relatan como unha “experiencia máxica que todos deberíamos realizar algunha vez”.

Non vos perdades as declaracións exclusivas que conseguiron os nenos e as nenas de 5º con axuda de Libruxa.

DÍA DA ÁRBORE

Este ano a celebración do “Día da árbore” foi especial para a nosa clase de 6ºB.

A Concelleira do Medio Ambiente de Burela e Begoña, a monitora de Gaia, entregáronnos unha chea de aromáticas, pois foron as protagonistas das adiviñas desta semana de celebración.

Durante este tempo, investigamos e coñecemos os pequenos segredos destas plantas e descubrimos a aromática que estaba agochada: O TOMIÑO¡¡

 

Hoxe aproveitando o bo tempo primaveral, ulimos, tocamos, clasificamos e por suposto, plantamos e regamos as plantas, formando un pequeno recuncho de aromáticas.

Que ben o pasamos¡¡

8 de marzo. Día internacional da Muller.

Na clase de 5ºB realizamos un cartel para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, que se celebra o vindeiro luns 8 de marzo.

Na primeira avaliación, comezamos a reflexionar sobre o tema nas sesións de igualdade e nesta segunda avaliación, seguimos a traballar nel porque cremos firmemente que podemos e debemos cambiar as cousas. 

O cartel que foi elaborado colaborativamente por alumnado da clase presentámolo ao concurso convocado pola Secretaría de Igualdade pero non foi suficiente. Decidimos montar un vídeo explicando o noso traballo no que nos involucramos todos...

Aquí tedes o resultado final!

Sobra dicir, o orgullosa que estou de vós, nenos e nenas de 5ºB, facedes, facemos un equipo fantástico! Nas nosas mans está, seguir apartando pedras do camiño e avanzando cara a igualdade.

Distribuir contido


by Dr. Radut