Skip to Content

blogue deTamara Suárez

O caderno do camiño

"O Camiño"

E por fin.... no Vista Alegre, con moita ilusión, estreamos videoclip! Estade atentos/as:

VENRES 18 ás 11:00!

Todo o centro participou neste proxecto, creando a letra, participando no vídeo, poñéndolle voz... 

Partimos do poema colaborativo que foi medrando clase por clase durante o mes de marzo.

Despois, o profe Mario, que é un experto na materia, adaptou a letra e púxolle música. Coa axuda de alumnos/as do centro e utilizando varios instrumentos creou esta peza musical.

O último paso foi compilar todas as gravacións para darlle forma a este videoclip. 

Desexamos que vos guste e que gocedes deste Camiño con nós!

 

Air pollution Quiz!

Canto sabes de contaminación? 

Poster: Stop Air pollution!

Ola de novo!

Aquí chega o segundo produto do noso proxecto europeo "Friends for our planet!", un póster interactivo con cómics sobre distintos elementos que afectan á contaminación do noso planeta. O noso cómic, supoño que xa o coñeceredes, pero invítovos a que descubrades os dos outros centros. 

Levo algo de retraso, pero prometo crear unhas presentacións para amosar o gran traballo que fixestes unha vez máis, con axuda das vosas familias, para participar neste segundo reto que vos propuxen.

Apertas de oso, 

Jan.

Distribuir contido


by Dr. Radut