Skip to Content

Voz Natura

DÍA DA ÁRBORE 2023

Para a celebración deste día o alumnado recibeu pistas durante catro días para tratar de adiviñar a árbore da que se trataba. 

5º A foi quen de logralo e o concello agasallounos cun arbusto de arandos e outros de frambuesa para o noso xardín!

BIODIVERSIDADE DOS RÍOS GALEGOS

A inicio de curso comezábamos as investigacións sobre a fauna e a flora dos nosos ríos.

Podedes ver os traballos que cada grupo realizou nos códigos QR e o chulas que quedaron decoradas con esta temática todas as portas do cole!

 

 

Limpeza da praia do Perdouro

O alumnado de terceiro na limpeza da praia do Perdouro xunto coas monitoras de Gaia.
 
Foi unha mañá moi produtiva!
 
 
 
 

NOVOS CULTIVOS

Rematada a tempada dos grelos actualizamos os cultivos do noso invernadoiro con plantas de tirabeque, leituga e amorodos!

Os bulbos que plantamos o ano pasado no horto urbano de madeira volveron a brotar, así que decidimos acompañalos de plantas ciclamen xa que aguantan moi ben o frío destes días. 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut