Skip to Content

Voz Natura

Debullamos fabas!

Debullar, degranar, debagar...FABAS é unha estupenda actividade de motricidade fina.

Nas aulas de 5º de educación infantil realizamos moitas actividades de vida práctica. Este ano aprendimos que as fabas non veñen do supermercado como moitas e moitos pensaban...

Visita de Anxo Moure

Tivemos o pracer de recibir a visita do escritor e contacontos  Anxo Moure!

Dramatizou O carballo con botas, onde ensina dun xeito cómico e súper divertido o que lle pasa ao mundo se non coidamos a natureza. Todo un éxito!

 

Plantación de árbores autóctonas no Monte Castelo

O alumnado de 6º de primaria achegouse ata o o Monte Castelo onde aprederon sobre a mancomunidade de montes, as especies arbóreas que alí se poden atopar e a importancia do coidado da natureza. Finalmente realizaron unha reforestación nunha zona do monte.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut