Skip to Content

Blogue de 3º e 4º Primaria

Scape Room 3º

Fai uns días en 3º fixemos unha actividade moi especial. Xuntámonos as clases de 3ºA e 3ºB e comezamos a ler unha noticia un tanto curiosa, dicía que un novo niño de velutinas aparecera no colexio. A verdade é que non sabíamos se crelo ou non... e mentres estabamos a lela.... a porta pechouse e unha carta colouse por debaixo dela! A carta fora escrita pola velutina e nela dicía que quería vingarse por ter retirado o niño do outro edificio e que de non ser capaces de saír da clase antes de que rematase a clase, entón invadiría o colexio. 

Entre nervios e algo de incertidumbre comezamos o xogo. Debíamos resolver, en equipos, varias probas para poder atopar a chave que abrisa a clase.... Puxémonos mans a obra e..... isto foi o que pasou!

 

O mundo das Abellas

Xa fai un tempo que nos visitou no cole Mari Fe, unha apicultora, que nos explicou con profundidade un montón de cousas sobre as abellas, unha materia na que ela era toda unha experta.

Nós, os nenos e as nenas de 3º, xa sabíamos algunha cousa sobre elas porque estabamos a investigar na casa e na aula.

Pero con axuda de Mari Fe preparamos un pequeno teatro para amosarlles aos máis peques do cole. Podedes vernos en acción no seguinte vídeo:

 Tamén elaboramos un lapbook con toda a información aprendida que nos quedou mooooi chuli!

 

VISTA ALEGRE NEWS. As abellas

Esta vez cambiamos os papeis, o alumnado da clase da Xirafa convertéronse nos entrevistadores desta edición especial do noso programa Vista Alegre News e o alumnado de 3º A e 3º B, despois dun grande traballo de investigación, convertéronse nos expertos na materia a tratar.

Unha vez máis utilizamos a técnica de croma, facendo maxia na clase, que se convertiu nun plató de televisión con conexións en directo ao Museo da Mel, como poderedes ver no vídeo que vos achegamos a continuación:

Celebracións na clase de 3º

Foron varias as festas que celebramos nas últimas semanas.

Polo Samaín o colexio encheuse de cabazas terrorificamente decoradas e celebramos o xa tradicional taller de cociña terrorífica elaborando unhas arañas moi doces. Tamén bailamos e cantamos.

O pasado venres celebramos o MAGOSTO, comimos castañas e bolos preñaos, xogamos cos nosos compañeiros de 3ºA. Foi un día moi divertido!

Distribuir contido


by Dr. Radut