Skip to Content

3º e 4º Primaria

Celebracións na clase de 3º

Foron varias as festas que celebramos nas últimas semanas.

Polo Samaín o colexio encheuse de cabazas terrorificamente decoradas e celebramos o xa tradicional taller de cociña terrorífica elaborando unhas arañas moi doces. Tamén bailamos e cantamos.

O pasado venres celebramos o MAGOSTO, comimos castañas e bolos preñaos, xogamos cos nosos compañeiros de 3ºA. Foi un día moi divertido!

Vista Alegre News

Fai unhas semanas na ventá da clase da Xirafa B apareceu un niño de velutinas. Tras dar aviso ao 012, uns operarios viñeron retiralo, sendo o alumnado desta clase consciente en todo momento do proceso. Ante tal suceso, mestres e alumnos puxéronse a investigar sobre esta especie de vespas e tempo despois, quixeron compartir co alumnado de 3º o seu traballo. Os nenos e as nenas de 3º asistiron encantados á exposición e quedaron abraiados co moito que sabían sobre a materia.  

Por iso acordaron a creación dun programa documental entre ambos niveis. A grabación do programa realizámola hoxe. Como?

Pois o primeiro paso foi convertir a clase nun plató de televisión coa técnica croma, é dicir, como fan na tele, utilizando unha saba verde e facendo maxia!!

Como en calquera programa necesitabamos organizarnos: xornalistas e entrevistados, as preguntas que se farían, as respostas que se darían... e moito silencio e concentración!

Aquí tedes o resultado final, un programa especial adicado ás vespas velutinas que chamamos VISTA ALEGRE NEWS e que agardamos vos guste, porque seguro que repetiremos!!

Saída por Burela

O pasado martes, o alumnado de terceiro e cuarto puxémonos en marcha para coñecer un pouco máis a fondo un dos aspectos máis importantes da nosa vila: o mundo do mar.

Xunto coas monitoras de Gaia, Begoña e María José, puxemos os chalecos e comezamos a nosa saída repartidos en tres grupos.

Visitamos a nave de redes, onde nos explicaron o moito que lles gustaba o seu traballo, o importante que era saber matemáticas ou lingua para poder levalo a cabo. Amosáronnos distintos tipos de redes e moitos utensilios antigos relacionados coa pesca: nasas, bocinas, áncoras, etc.

Tamén visitamos o Barco Museo, onde descubrimos como era por dentro unha embarcación típica da pesca de bonito e tamén vimos outros elementos relacionados coa pesca e o fondo mariño.

Ademais, na cetárea e na peixería coñecimos distintos tipos de peixe e marisco.

Foi un día moi entretido!

  

Baile 4º curso

Aquí vai un anaco do baile que realizou 4º curso para o alumnado belga, no día da segunda visita ao colexio Vista Alegre:

Distribuir contido


by Dr. Radut