Skip to Content

Actividades extraescolares

NADAL 2019

Neste vídeo podedes ver as actuacións de tódolos cursos no festival de Nadal deste ano:

Dende o CEIP Vista Alegre desexámosvos unhas boas festas !

SAMAÍN 2019

O pasado mércores día 30, coas cabazas xa decorando o colexio, contamos cunha nova edición do 'Taller de comida terrorífica'.
No patio, logo de dar conta dos ollos preparados no taller, fixemos un repaso de cancións que coñeciamos todas e todos relacionadas co Samaín.

Deseguido tedes un resumo do día!

FIN DE CURSO 2019

O pasado 20 de Xuño as nenas e nenos do Ceip Plurilingüe Vista Alegre puxeron punto e final ao curso 2018-2019 cun festival na Casa da Cultura de Burela. Todos xuntos desfrutamos das actuacións musicais, dos bailes e das representacións que os alumnos prepararon con ilusión. Desexámosvos un bo verán.

ENTROIDO 2019

Este ano celebramos de novo o Entroido no Vista Alegre. Disfrazámonos de contos do bosque que todas e todos coñecemos e saímos a desfilar polas rúas de Burela.

De volta no patio, degustamos doces típicos destas datas, achegados polas familias do centro.

E xa coa agardada queima dos mecos, a solleira xornada de festexos chegou á súa fin.

Bo Entroido!

Distribuir contido


by Dr. Radut