Skip to Content

Actividades extraescolares

ENTROIDO 2019

Este ano celebramos de novo o Entroido no Vista Alegre. Disfrazámonos de contos do bosque que todas e todos coñecemos e saímos a desfilar polas rúas de Burela.

De volta no patio, degustamos doces típicos destas datas, achegados polas familias do centro.

E xa coa agardada queima dos mecos, a solleira xornada de festexos chegou á súa fin.

Bo Entroido!

Día da Paz 2019

O día 30 de xaneiro as nenas e nenos do CEIP Plurilingüe Vista Alegre celebraron o Día da Paz. Cantamos unha canción todos xuntos e contruimos uns muros que enchimos con mensaxes de respeto aos animais.

Festival de Nadal 2018

O xoves 20 e o venres 21 de decembro festexamos o Nadal no CEIP Vista Alegre de Burela.
As nenas e nenos de Infantil e de Primaria cantaron e bailaron panxoliñas. Contaron co apoio das suas familias, que disfrutaron de tódalas actuacións. Para rematar recibimos con moito entusiasmo aos Reis Magos de Oriente.

¡¡Desexamos a tódalas familias unhas felices festas e un próspero Ano Novo!!

25N no Vista Alegre

No CEIP Plurilingüe Vista Alegre cantamos todas e todos xuntos a canción de Rozalén, Puerta Violeta, para dicir ben alto NON á violencia!

Distribuir contido


by Dr. Radut