Skip to Content

5º e 6º Primaria

PIM PAM EXPERIMENTA!

O  pasado xoves, o alumnado de 5ºA e 5ºB desfrutou dunha xornada fantástica, participando no programa de divulgación científica PIM PAM EXPERIMENTA! no que puxeron a proba os seus coñecementos sobre cienciaa, traballaron en equipo e experimentaron. Tamén comprobaron como é un plató e o que ocorre detrás das cámaras.

Ademais, bailaron, montaron en karts, tirolinas... 

En busca de ovos...

O alumnado de 5ºB tamén tivo que atopar os ovos que estaban agochados no patio... Pero eses ovos non eran de chocolate! Tiñan dentro agochadas preguntas de repaso sobre os contidos traballados durante o curso... Algunhas eran un pouco difíciles, tivemos que traballar en equipo para tratar de resolvelas!

Día das Artes Galegas 2023: Martín Códax

O alumnado de 5º descubriu a importancia do Pergamiño Vindel de Martín Códax, trobador homenaxeado polo Día das Artes Galegas 2023. Ademais, recitaron conxuntamente as sete cantigas que se recollen nel!

Distribuir contido


by Dr. Radut