Skip to Content

Blogue de 5º e 6º Primaria

CERTAME VINDEVIDEOS. PARTICIPACIÓN DOS ALUMNOS DE 5ºA


Coincidindo coa chegada a Galicia do Pergamiño Vindel, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Cultura, convoca o Certame Vindevídeos, coa finalidade de que a xente nova e mais a sociedade en xeral poidan achegarse á cultura trobadoresca a través de producións en soporte audiovisual.

Os alumnos de 5ºA participaron neste certame, traballando en grupo e elaborando un video coa temática das cantigas medievais e de Martín Códax. O video non foi premiado pero foi unha maneira moi divertida e diferente de aprender sobre a nosa cultura, a nosa historia e a nosa lingua, traballando en equipo, buscando información, usando aplicacións novas, tendo en conta a importancia de traballar con material libre de dereitos de autor.

Aquí deixamos o video para que o poidades ver. Esperamos que vos guste. A nós encántanos!!! https://youtu.be/jSsESqvehuo

Feliz Nadal e 2018!!!

24 de Novembro: Día internacional contra a violencia de xénero

O venres 24 de novembro, o noso colexio participou nas actividades organizadas dende o Concello para unirse de forma activa aos actos reinvidicativos contra a violencia de xénero. Os alumnos e alumnas de 5º de primaria leron unha poesía de Carmen Gil. Este poema infantil é unha mostra de como se traballa o tema da educación en igualdade no colexio dende o primeiro día. Con poesías coma esta, os nenos e nenas aprenden a medrar, respectando sempre as persoas e as súas diferencias e preferencias, sexa cal sexa o seu sexo, a súa cultura e a súa relixión. Como di unha das nenas no acto, "Nós somos o futuro e en nós recae a responsabilidade de que o mañá sexa sempre mellor".

                    Poesía de Carmen Gil:

 

Celebramos o magosto

Distribuir contido


by Dr. Radut