Skip to Content

5º e 6º Primaria

As normas de 5º A

Na clase de 5ºA non nos gusta que as normas nos sexan impostas. É por isto que ao longo do mes de setembro estivemos a decidir entre todos cal sería o ambiente que nos gustaría manter na nosa aula. Nun primeiro momento falamos de aquelas cousas que a ningún nos gustaban, ou que creíamos que non deberían de suceder nunha aula con un ambiente adecuado para aprender. Posteriormente, unha vez analizado isto, entre todos elaboramos as normas que todos e todas nós debemos de cumplir. E finalmente elaboramos un vistoso cartel con fotos nosas donde se podía observar como deberíamos comportarnos e que tipo de actitudes non debemos de consentir nin pola nosa parte nin pola dos nosos compañeiros/as.

Agora queda o mellor, cumplir estas normas e crear un gran ambiente de traballo e amizade para aprender moito moito!!

Foto normas de clase 5ºA

GRADUACIÓN ALUMNADO 6ºEI e 6ºEP

Hoxe foi un día moi especial no noso colexio xa que celebramos o acto de graduación do alumnado que cambia de etapa. Por un lado, o alumnado de 6ºA e 6ºB de Educación Infantil que deixan atrás a súa etapa inicial no cole, logo de tres cursos no centro.

 

Por outro, o alumnado de 6º A e 6ºB de Educación Primaria, que darán un paso máis grande aínda, deixando o noso centro, tras nove anos entre nós, para comezar a súa etapa no instituto. Esperamos que leven a súa mochila cargadiña de bos recordos e grandes aprendizaxes. Asegurámoslles que os imos botar moito de menos e desexámoslles moita moita sorte na súa nova andaina. O VISTA sempre terá as portas abertas para todas e todos vós. 

 
 

Aquí vos deixamos o vídeo homenaxe que preparamos con todo o noso agarimos para eles no que ademais de ver canto cambiaron, podemos recordar algúns dos seus momentos no colexio.

E xa por último, o vídeo que preparon bailando para despedirse do colexio.

Agradecer a colaboración da ANPA do centro na organización do acto e nos detalles que se ofreceron ao noso alumnado.

Madriñas e padriños 2022: A MELLOR SOPA DO MUNDO

O alumnado de 6º preparou unha escenificación do conto "A MELLOR SOPA DO MUNDO" para o alumnado de 4º de Educación Infantil.

Belgium 2022

E agora que xa chegamos á casa, podemos botar a vista atrás e recordar todo o que vivimos durante estes días xunto cos nosos socios do colexio belga GBS De Bosmier en Balen, aos que lles agradecemos profundamente o seu esforzo por todas as actividades que organizaron para nós.

Foi unha semana de convivencia na que nos coñecimos un pouco máis, días nos que descubrimos moitas cousas novas dos nosos compañeiros e compañeiras. Tamén houbo momentos de reflexión e polos que tivemos que pedir desculpas, pero iso tamén é aprendizaxe! E sobre todo de diversión e aventura: entre tirolinas, tobogáns, auga, xogos....

En definitiva, foi unha experiencia cargada de aprendizaxe a todos os niveis que de seguro deixará unha forte pegada en todos/as os que participaron nela: novos lugares, novas persoas, novos horarios, novas comidas, novas palabras...

Grazas a todos/as os/as que o fixestes posible! Recordade que nunhas semanas somos nós os anfitrións!

 

Aquí podedes ver unhas reportaxes sobre cada día da excursión. 

Distribuir contido


by Dr. Radut