Skip to Content

Blogue de 5º e 6º Primaria

Animación á lectura: O carteiro de Bagdad.

O luns pasado, día 9 de abril, visitounos na biblioteca escolar o autor do libro "O carteiro de Bagdad", Marcos Sánchez Calveiro.

A sesión foi moi interesante, xa que este escritor galego nos explicou o contexto no que se iniciou  a guerra de Iraq no ano 2003. Foi unha guerra con moitos interrogantes e moitas protestas pero os gobernantes implicados seguiron adiante con esta loucura. O libro relata situacións reais por medio dos seus protagonistas. Marcos S. Calveiro desvelounos como se lle ocurreu escribir este libro: foi lendo un artigo nun xornal, onde un carteiro iraquí explicaba a importancia do seu traballo para que a xente puidese ter novas das familias dentro e fóra do país. "Unha carta non é só un anaco de papel; é algo sagrado" e os carteiros arriscaban a súa vida para poder entregalas.

Ao remate da súa exposición, os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria puideron facer moitas preguntas sobre a guerra, sobre a súa carreira literaria e sobre como se organiza para escribir.

 
 
 
 
 
 

 

Cristina Pato

Aquí está a aportación dos alumnos de 5º ao proxecto europeo "On a journey with the ARTist". O arquivo orixinal é una presentación en Impress sobre a nosa artista gaiteira Cristina Pato. Para poder visualizala aquí, convertiuse en vídeo.

Fai clic na foto para ver o video

Saída a Lugo de 5º

O pasado xoves 5 de abril os nenos e nenas de 5º visitaron o Museo Provincial de Lugo, dando un percorrido á historia da nosa capital de provincia. Despois de recorrer un trozo de muralla, tiveron una sesión no Centro de Interpretación da Muralla, aprendendo sobre a súa construción e historia.

Ver video

Cazapantasmas de 6º

Distribuir contido


by Dr. Radut