Skip to Content

5º e 6º Primaria

ESTADO DE ALARMA

Durante o tempo que dure o Estado de Alarma, o equipo de profesores de 5º e 6º de Primaria iremos poñendo as recomendacións e actividades pola plataforma Eva-Edixgal.

Tamén hai algunha actividade, recomendacións ou enlaces na páxina principal desta web do colexio.

A continuación, incluimos unha WEBQUEST elaborada polo profesorado co tema de climas e paisaxes de España e Galicia que pode ser unha actividade interesante para o noso alumnado. O panel de navegación para ir pasando cada parte está na parte esquerda da Webquest. Ánimo e a facela tod@s!

Para acceder, picar co ratón na imaxe.

 

 

 

1º trimestre do curso 2019-2020

5º: ACTIVIDADES DENTRO E FÓRA DO COLEXIO NO PRIMEIRO TRIMESTRE DESTE CURSO

 

Promoción 2019: Despedida aos alumnos de Sexto

Homenaxe aos alumnos de 6º de Primaria que abandoan o noso colexio para seguir medrando, aprendendo, formándose, para mellorar sempre en todo. Desexámoslles moita sorte nos seus estudos e que acaden os seus obxectivos e soños. Esperamos que nos recorden e recorden os bos momentos que compartiron con compañeiros e profesoeres no noso colexio.

Queridísimos alumnos, este pequeno video é un agasallo que esperamos vos guste. Gracias por deixarnos bos recordos e tantos momentos compartidos.

Para poder visualizar o video en pantalla completa, facer clic AQUÍ

Obradoiro de plantas aromáticas

Os alumnos de sexto participaron nun obradoiro sobre plantas aromáticas a cargo dunha monitora de GAIA. Nel aprenderon a plantar sementes de varias plantas aromáticas, a recoñecelas e a elaborar un saquiño de lavanda para usala de ambientador. Foi unha actividade moi interesante e ben aproveitada.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut