Skip to Content

5º e 6º Primaria

INVESTIGANDO SOBRE AS FRAGAS DO EUME

Así de concentad@s atopamos ao alumnado de 5ºA buscando información para facer un traballo sobre AS FRAGAS DO EUME. Parece que é a primeira saída que van facer este curso e a queren preparar moi ben. Pensamos que non os vai defraudar.

CHEGAN AXUDANTES Á BIBLIOTECA

Unha marea de colaborado@s inundou hoxe a biblioteca do cole. Aquí os tedes á espera de facer as quendas pertinentes e recibir as instrucións de traballo.

 

LIBRUXA quedou un pouco pasmada ante tal avalancha de voluntariado. Seguro que todo funcionará estupendamente.

As fotos de "Gústame o galego!"

Xa aparecen publicadas as fotos da sesión de fotocol da campaña GÚSTAME O GALEGO!

GÚSTAME... o galego!

Hoxe, por fin, estivemos divertíndonos coas fotos que nos tiraron dentro da actividade Gústame... o galego!

O mércores, 15 de maio, co gallo da celebración da Semana das Letras Galegas, o Equipo de Dinamización Lingüística trouxo ao noso centro a campaña Gústame... o galego!

Distribuir contido


by Dr. Radut