Contamos con vós para celebrar o Día do Libro. Aquí tedes a proposta de Libruxa, que vos invita a compartir con nós a vosa lectura en familia favorita. Animádevos!
Con motivo do mes da poesía e partindo do noso PDI de centro, Friends for our planet!, versionamos cancións populares galegas, adaptando a súa letra e lanzando a través dela unha mensaxe de coidado e protección da natureza.
Agradecemos a colaboración do profe André para poder recitalas :)