Skip to Content

blogue deadmin

MATRÍCULA 23/24

MATRÍCULA 23/24 

*ACONSELLAMOS COMPROBALO PRESENCIALMENTE NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DE SECRETARÍA

 

Datas a ter en conta: 

  • Derradeiro día de publicación de listaxes provisionais: 25 de abril.
  • Derradeiro día de publicación de listaxes definitivas: 16 de maio.
  • Prazo de formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño (esta data pode sufrir modificacións).

 

ADMISIÓN ALUMNADO 23/24

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 1 ao 20 de marzo.

Catálogo de prazas dispoñibles*

*O alumnado actualmente matriculado no centro ten asegurada a súa praza para o vindeiro curso, polo que NON requirirá un novo proceso de admisión.

COMO PRESENTAR A SOLICITUDE DE ADMISIÓN?

Opción 1

Acudir presencialmente á secretaría/dirección do centro de luns a venres en horario de atención ao público.

O impreso de solicitude será facilitado no centro, aínda que tamén está dispoñible na aplicación admisionalumnado.

Xunto co impreso, deberase achegar a seguinte documentación:

  • Documento acreditativo da idade da alumna/o: DNI da nena/o, libro de familia ou outro documento que a acredite.

  • Documento acreditativo da identidade dos proxenitores.
  • Outra documentación que deba alegar en función do que precisen acreditar (familia numerosa, discapacidade, traballo próximo ao centro...)
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do/a menor, de darse o caso.

Opción 2

Cubrir a solicitude e asinala na Sede Electrónica, achegando escaneada toda a documentación. Máis información na aplicación admisionalumnado .

 

NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN E MANUAIS PARA AS FAMILIAS

 

 

O noso colexio acreditado co SELO Etwinning 2019

Ven de publicarse a listaxe de escolas europeas acreditadas co selo de centro eTwinning no 2019 na segunda edición desta iniciativa. Nesta ocasión 1004 escolas europeas obtiveron a distinción, entre elas, tres galegas: CEIP Plurilingüe Vista Alegre, de Burela, Colexio Losada, de Vigo e IES de Beade, de Vigo.

eTwinning map                             

Noticia da Prensa local neste enlace

Recoñecemento por parte da Comisión Europea (Bruxelas) e Ministerio de Educación e FP : AQUÍ

TEATRO: De viaxe co artista JAN

Obra de teatro representada en cada un dos países do noso Proxecto. Jan viaxa aos diferentes países dos nosos socios para encher o lenzo que lle regalou a súa avoa polo seu cumple.

Preme na foto para ver o video desta obra teatral.

COMEDOR ESCOLAR: Curso 2020-2021

Nos documentos adxuntos está toda a información:

INSTRUCIÓN 3/2020, DA Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación.

Circular: INFORMACIÓN

SOLICITUDE DE USO DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR

AUTODECLARACIÓN

CALCULADORA SIMULACIÓN PREZOS COMEDOR: Aquí

O prazo de entrega en SECRETARÍA ou DIRECCIÓN remata o 30 de xuño. Prazo extraordinario para o alumnado de nova incorporación (4º de Educación Infantil) Do 2 ao 7 de xullo.

Publicación Listado Provisional: 8 de xullo

Reclamacións: Ata o 13 de xullo inclusivo

Publicación Listado definitivo: 14 de xullo

IMPORTANTE: A solicitude pode recollerse en Secretaría ou baixala dos enlaces anteriores.

MENÚS:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut