Skip to Content

blogue deadmin

Día 6 (Bélxica 2023)

Ola hoxe fixemos moitas cousas como xogar fora no patio do albergue, pasámolo xenial, mentres nos facíanos unhas filloas belgas e despois as comemos. E collemos un autobús para ir ao parque acuático, chegamos deixamos as cousas e fomos a os tobogáns, estivemos 4 horas e despois fomos a cenar a unha pizzería e tivemos 30 min para comprar cousas,e pillamos o autobús para irnos ao albergue, fomos descansar.

 

Lía, Ares e Semedo.

 

(Podedes ver as fotos en arquivos adxuntos)

Día 5 (Bélxica 2023)

Hoxe fomos a facer unha visita a Bruxelas.

Empezamos o día despertando as 7:30 da mañá, almorzamos, fixemos o picnic e vestímonos, logo ás 9:00 recolleunos o bus e levounos ata o “Atomium”( fixemos unha visita por dentro) despois comimos e o bus levounos ata a “Grand Place”e a ver o “Manneken Pis”.

Logo merendamos nunha hamburguesería e mercamos uns “Souvenirs

Voltamos ás 17:00 ao albergue e tivemos 1h 30min libre para xogar por fóra, ceamos e cantamos o parabéns a Isaac e comimos tarta, recollimos a mesa, duchámonos e a durmir!

  

Ariana, Nerea e Luis.

 

(Podedes ver as fotos en arquivos adxuntos)

VISITA DO BURELA FS

Durante esta semana o alumnado de 3º e 4º de EP gozaron da presenza dos mellores profesores/as de fútbol sala que se poidan atopar.

 

As xogadores e xogadores do CD Burela FS participaron nas sesións de EF, onde estamos traballando diferentes aspectos motrices a través do fútbol sala, para aconsellarnos na mellora técnica dos fundamentos básicos deste deporte.

 

Jenny, Dany, Peque, Cilene, Antón, Kaluza, Rikelme e Alberto amosaron os seus coñecementos ao noso alumnado, que se amosou moi contento coa súa presenza. Tamén lles falaron dos seus éxitos deportivos e de como afrontar a derrota. Todo coordinado por Yago Loureiro e coa inestimable axuda de Alfonso Mera.

 

Quedamos moi satisfeitos/as co cariño que amosaron en todo o momento e desexamos que acaden os seus obxectivos profesionais que se propuxeron a principio de ano.

 

Moitas grazas á familia laranxa!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut