Para celebrar o Samaín no centro, puxemos en marcha un taller no que os nenos/as fixeron un bocata en forma de castelo medieval, en relación co noso proxecto "Xogo de Reinos".
Pincha na imaxe para ver un resumo deste taller no que tanto disfrutamos:
Ademais, coa colaboración das familias do alumnado, levouse a cabo unha exposición dos castelos creados polos nenos/as co emprego de materiais de refugallo, a cal ademais, posteriormente se mudou á Casa da Cultura para que todos as familias e demais membros da comunidade educativa poidan desfrutar destas fantásticas creacións. Animámosvos a visitala!
Os resultados foron realmente marabillosos. Noraboa familias!
Pinchando na imaxe de Libruxa podes ver un resumo desta fermosa exposición.